Home Vigo Mos Mos aproba en Pleno os pregos para a licitación do contrato do...

Mos aproba en Pleno os pregos para a licitación do contrato do servizo máis importante da concellería de Política Social: o SAF

- Anuncio -

O importe total anual do contrato ascende a 1.592.178 euros

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte por maioría, cos votos a favor do equipo de goberno e do grupo municipal do PSOE, e a abstención do BNG, o expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar, SAF. Trátase do contrato do servizo máis importante da concellería de Política Social e o importe total anual do contrato ascende a 1.592.178 euros. 487.753,30€ máis que o anterior, que ascendía a 1.104.424,70€.

Na sesión plenaria ordinaria mensual do mes de novembro aprobáronse os pregos para a contratación do devandito servizo, que terá unha duración do contrato de 2 anos + 1 + 1 (de prórrogas), por un máximo de 4 anos. O prezo/hora é de 23,38€. A suba do prezo/hora vén dada por un estudo de custes contratado o pasado mes de xuño e que supuxo unha inversión municipal de 1.270,50€.

Os pregos do novo contrato do SAF de Mos inclúen unha serie de importantes melloras tales coma que quitáronse algúns servizos que non interesaban e engadíronse melloras moi demandadas. Retirouse o servizo de fisioterapia: detectouse que se non ten continuidade non ten sentido. Incluíronse melloras moi necesarias e solicitadas: acompañamento dos usuarios sen rede de apoio familiar ás citas médicas (sobre todo pedíano para ir ao hospital Ávaro Cunqueiro, a onde lles costa moitísimo chegar e unha vez alí orientarse); permanencia das auxiliares, que a rotación non sexa tan habitual nin frecuente (moitos usuarios quéixanse de que lles cambien constantemente a auxiliar. O novo prego establece un máximo de 5 auxiliares por domicilio); zonificación das auxiliares: que atendan domicilios próximos á súa residencia, e que a empresa garantice que as auxiliares conten con todas as axudas técnicas e medios para poder facer o seu labor coas máximas medidas de seguridade.

A aportación de axudas técnicas anuais serían 17 camas articuladas 8 delas con carro elevador e colchón, 15 grúas de traslado, 15 cadeiras de rodas de ducha, 10 colchóns, servizo de podoloxía a domicilio, e servizo de limpeza de choque para os domicilios que se determine desde Servizos Sociais.

No novo prego de condicións recolléronse todas aquelas propostas que os técnicos municipais consideraron viables e que optimizarán e implementarán o servizo. E outras moitas suxerencias relativas a temas de máxima prioridade en persoal de este sector.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, declararon durante o Pleno que “o obxectivo deste contrato que supera o orzamento anual de millón e medio de euros é mellorar a vida das persoas usuarias, posibilitar que sigan vivindo no seu domicilio e no seu entorno, e que sigan a ter as súas relación familiares e sociais”.

E insistiron en que “os pregos para o novo contratro do Servizo de Axuda no Fogar, son uns pregos adaptados a un contrato acorde a un Concello como o noso, punteiro no SAF xa que somos un dos municipios galegos con máis horas anuais de SAF”. E é que o Concello de Mos presta en Servizo de Axuda no Fogar 5.400 horas/mes en dependencia (64.800 horas anuais) que son prestadas por un total de 56 auxiliares e das que se benefician 92 usuarios. O Concello de Mos é un dos municipios galegos con máis horas anuais de SAF, xa que outros municipios con 15.000 habitantes ao igual que Mos, contan con menos da metade de horas.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas