Home Xunta de Galicia A Xunta enxalza o traballo da entidade social IGAXES na integración dos...

A Xunta enxalza o traballo da entidade social IGAXES na integración dos menores en situación de vulnerabilidade

- Anuncio -

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica asistiu á inauguración da nova sede da organización na Coruña

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu á inauguración da nova sede de Igaxes na Coruña. Un acto no que lle trasladou os parabéns do Executivo galego pola ampla traxectoria de traballo na integración dos menores en risco de exclusión social.

Jacobo Rey sinalou que a Xunta de Galicia traballa ao carón desta entidade social para garantir os dereitos dos máis novos en todos os eidos, desde a educación ata busca de saídas laborais. Ademais, esta organización desenvolve campañas para rachar cos estereotipos e o odio contra os mozos e mozas en situación de risco social.

Neste senso, o director xeral fixo fincapé no concerto social entre a Administración galega e Igaxes para o desenvolvemento do programa Mentor, que ofrece axuda e asesoramento profesional no proceso de tránsito á vida adulta de adolescentes que proceden do sistema de protección da Xunta. Así, o obxectivo é dotar a estes mozos e mozas das ferramentas e coñecementos necesarios para desenvolverse no eido laboral d persoal, reducindo o risco de exclusión social.

Relacionadas

A Xunta corresponde ao incremento de visitantes a Galicia reforzando e mellorando a calidade...

0
O director de Turismo de Galicia participou no acto de entrega de diplomas SICTED a empresas e servizos de Barbanza Arousa O director de Turismo...

Chega a Marín ‘Circo de Pinocho’, espectáculo de carpa para público familiar creado con...

0
A carpa de Circo de Pinocho, o novo espectáculo da compañía galega EducaTeatro producido con apoio á creación escénica da Xunta de Galicia, abrirá...

A Xunta reitera a necesidade de que os concellos contribúan a impulsar un mapa...

0
— A directora xeral de Mobilidade e o director de Turismo de Galicia participaron na reunión do Comité de Rutas onde apelaron a que...

O encontro de Circo D10! volve contar co apoio da Xunta para unha novena...

0
— O Salón Teatro e a Cidade da Cultura de Galicia son dúas das sedes desta iniciativa que inclúe propostas híbridas de compañías de...

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación...

0
 Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % en venta para os...

Jaime Pena, nomeado director da Filmoteca de Galicia

0
— O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude felicita persoalmente ao que ata agora era o programador da entidade — O equipamento, con sede na...

Publicacións Relacionadas