A maxia do Nadal a partires do 29 de novembro en Arbo

adminON
Lectura mínima de 1
  • O 29 de novembro ás 20:00horas encendese o alumeado de toda a Vila de Arbo.
  • A partires das 19:00horas música polas rúas co grupo folclorico da A.C Barca de Loimil.

Este ano adiántase un pouco o comezo do Nadal en Arbo e ademais trasládase de novo a un venres, en lugar do sábado como nas últimas edicións. Haberá ambiente festivo coa actuación do Grupo folclorico de Barca de Loimil a partir das 19:00h. para inaugurar as iluminación festiva propia destas datas.

O prendido das luces de Nadal, terá lugar o 29 de novembro ás 20:00h, donde acompañados de ambiente festivo, se esperan aos veciños e veciñas de Arbo, na Praza do Concello.

Dende o Consistorio, animan aos arbenses a acudir a Praza Consistorio “Non faltes a este evento que dá comezo á maxia do Nadal en Arbo” – manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

Comparte este artigo