Home Pontevedra Baixo Miño Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos” en Tui

Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos” en Tui

- Anuncio -

Será mañá mércores ás 19 h na Sala Félix Rodríguez. Forma parte da programación do 25N


A viguesa Llerena Perozo presentará o seu libro “Os anos tranquilos” na Sala Félix Rodríguez mañá mércores, 27 de novembro, ás 19 h, dentro do programa do 25N do Concello de Tui.

“Os anos tranquilos” é a historia vertixinosa dunha muller que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

Ela é María García, que nace a comezos do século XX nunha aldea de montaña asturiana. Coa imaxinación, co instinto e coa intelixencia, María sorteará os mares bravíos das normas, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas, mentais e sociais.
A autora Llerena Perozo (Vigo) conta cunha traxectoria profesional centrada na cultura, no medio ambiente e na igualdade. Publicou tres libros de divulgación, novelas e obras destinadas ao público infantil e xuvenil. É tamén colaboradora regular en medios de comunicación.

Esta actividade forma parte da campaña “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” organizada polo Concello de Tui para conmemorar o 25N, o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.

Completando esta programación, este sábado día 30 desenvolverase no Mercado de San Antonio desenvolverase a acción performativa “Corazón” de Iria Sobrado.

Relacionadas

Luisa Sánchez asiste ao partido da Copa da Raíña entre o Bembrive FS e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido da segunda ronda da Copa da Raíña de fútbol sala, que...

O BNG acusa ao PP de renunciar a construír o Álvaro Cunqueiro para facer...

0
Montse Prado denuncia que a Xunta buscou financiamento para a empresa na vez de utilizalo para construír o hospital dende o ámbito público Reproba aos populares a...

A maxia do Nadal a partires do 29 de novembro en Arbo

0
O 29 de novembro ás 20:00horas encendese o alumeado de toda a Vila de Arbo.A partires das 19:00horas música polas rúas co grupo folclorico...

O Concello de Redondela realiza melloras nos camiños das parroquias

0
- A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acomete traballos de mellora de redes pluviais e asfaltado en varios camiños das...

Chega a Marín ‘Circo de Pinocho’, espectáculo de carpa para público familiar creado con...

0
A carpa de Circo de Pinocho, o novo espectáculo da compañía galega EducaTeatro producido con apoio á creación escénica da Xunta de Galicia, abrirá...

Xornada informativa sobre a violencia machista: unha realidade social en pleno século XXI

0
● Baixo o lema “Elas somos todas” a xornada de relatorios busca concienciar e profundizar na abordaxe técnica e xurídica da violencia de xénero No...

Publicacións Relacionadas