Home Pontevedra O BNG acusa ao PP de renunciar a construír o Álvaro Cunqueiro...

O BNG acusa ao PP de renunciar a construír o Álvaro Cunqueiro para facer de “bombeiro financeiro” á concesionaria en quebra

- Anuncio -

Montse Prado denuncia que a Xunta buscou financiamento para a empresa na vez de utilizalo para construír o hospital dende o ámbito público

Reproba aos populares a interpretación torticeira do informe do Consello de Contas para non admitir o sobrecusto de 470 M€ do centro hospitalario

O BNG acusou ao Goberno do PP de facer de “bombeiro financeiro” da concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro ao facilitarlle financiamento a través de fondos ICO e do Banco Europeo de Investimentos, na vez de acudir dende a Xunta a esas mesmas fontes financeiras para construír o centro hospitalario dende o ámbito público e evitar así un sobrecusto de máis de 200 millóns só na fase de construción e que en total ascendeu a 470 millóns segundo o Consello de Contas.

Así o afirmou na comisión de investigación a portavoz de Sanidade, Montserrat Prado, quen denunciou que a empresa concesionaria non achegou a estabilidade financeira necesaria para afrontar o proxecto e que foi a propia Xunta a que acudiu no seu auxilio para conseguirlle un préstamo do Banco Europeo de Investimento.

“Foi o ámbito público quen lle deu solidez a un proxecto privado e resulta que vostedes non foron capaces de que ese ámbito público lle dese solucións a un proxecto público”, reprochou á exconselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, logo de que esta asegurase na súa comparecencia que non era factible asumir o hospital de Vigo dende o ámbito público.

“O que pasa é que vostedes nin estaban nin están no Goberno para facilitar o público, senón para garantirlle ganancias ao sector privado”, afondou Prado, quen denunciou que na información feita pública polo Banco Europeo de Investimentos sobre o préstamo concedido á concesionaria para a construción do Álvaro Cunqueiro figura como prestataria a propia Xunta.

Un feito que, segundo a deputada nacionalista, só se explica por que foi a Administración galega a que garantiu ese afiuzamento, o que demostra que o PP “está mentindo e si había alternativa” para construír o hospital dende o ámbito público, tal e como tiña previsto o goberno de coalición PSdeG-BNG.      

Prado tamén censurou que o PP concedese a unha “concesionaria en quebra” os servizos non clínicos do centro hospitalario que supuxo para a empresa un beneficio de 285 millóns de euros. “Non lles parecía bastante beneficio só pola construción?”, cuestionou, para concluír a continuación que evidentemente a resposta é non porque, a maiores, tamén lle concedeu servizos fóra do ámbito perimetral, fóra do ámbito da obra, para o que segundo o Consello de Contas non había base legal.  

 “Todo o mundo sabe que o do Partido Popular é gañar o relato, pero os feitos e os documentos demostran que si había alternativa e que vostedes fixeron cambios express para garantirlle esa ganancia á concesionaria”, concluíu.   

Redución de espazos e camas pero non de prezo

A portavoz nacionalista de Sanidade tamén foi a encargada de darlle a réplica ao ex xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial Bernández na época do traslado e reorganización do Hospital Xeral ao novo espazo do Álvaro Cunqueiro, a quen acusou de facer unha interpretación “torticeira” do informe do Consello de Contas que cifrou en 470 millóns de euros o sobrecusto da súa construción sobre o que implicaría un contrato tradicional (obra por un lado e servizos polo outro).

“Negan continuamente que haxa unha redución de espazos, a pesar de que o Consello de Contas di que a hai; a pesar de que hai informes na Xunta de Galiza dos técnicos que fixeron a avaliación e fiscalización da execución da obra onde tamén indican que hai diminución de espazos; vostedes fan unha interpretación torticeira porque din que non houbo sobrecustos na execución”, manifestou dirixéndose a Rubial e mais aos deputados do PP.

Despois de que Rubial defendese a necesidade da construción dun novo hospital na cidade olívica polas deficiencias do antigo Hospital Xeral, a deputada acusouno de ser, polos postos de responsabilidade que ocupou nos gobernos do PP,  “totalmente cómplice da situación na que está a sanidade pública” e de “contribuír a un cambio de modelo que significou uns pagos desorbitados a unha concesionaria privada”.

“Vostedes permitíronlle á concesionaria reducir espazos sen que iso lle supuxese a redución de orzamento”, recriminou en referencia ás modificacións que houbo que facer a escasos meses do traslado do Xeral e de abrir o novo hospital Álvaro Cunqueiro. É por iso que, neste punto, Prado preguntou se existe algún documento onde o ex xerente lle trasladase no seu día estas modificacións á concesionaria. “Nós desde logo non temos coñecemento e gustaríanos que nolo fixese chegar”, apuntou.

Asegurou que lle preocupa moito o “relato mentireiro” do PP de que non houbo redución de espazos. A pesar, enumerou, da “redución de prestacións de servizos; a pesar de que pasaron de cinco salas de TAC a catro; a pesar de que os espazos de urxencias se reduciron enormemente; a pesar da eliminación dun laboratorio central que pasou para o Meixoeiro; a pesar de que mantiveron en Povisa algúns servizos como o de queimados, ou o maxilofacial; a pesar da redución do módulo de docencia ou de investigación; a pesar de que se reduciron os quirófanos en cirurxía ou a pesar da redución da área de hospitallización de 40.000 metros cadrados a 25.000”. Malia a que “as probas son máis que elocuentes, persisten no relato mentireiro de que aquí non pasou nada”, insistiu.

Montse Prado quixo poñer en valor “o enorme traballo dos e das profesionais”, que son os que sofren as consecuencias das políticas sanitarias do PP, que presume de que as prioridades á hora de facer o novo hospital eran a seguridade tanto de profesionais como de doentes. “A realidade foi absolutamente toda a contraria”, rematou.

Relacionadas

Luisa Sánchez asiste ao partido da Copa da Raíña entre o Bembrive FS e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido da segunda ronda da Copa da Raíña de fútbol sala, que...

A maxia do Nadal a partires do 29 de novembro en Arbo

0
O 29 de novembro ás 20:00horas encendese o alumeado de toda a Vila de Arbo.A partires das 19:00horas música polas rúas co grupo folclorico...

O Concello de Redondela realiza melloras nos camiños das parroquias

0
- A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acomete traballos de mellora de redes pluviais e asfaltado en varios camiños das...

Chega a Marín ‘Circo de Pinocho’, espectáculo de carpa para público familiar creado con...

0
A carpa de Circo de Pinocho, o novo espectáculo da compañía galega EducaTeatro producido con apoio á creación escénica da Xunta de Galicia, abrirá...

Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos” en Tui

0
Será mañá mércores ás 19 h na Sala Félix Rodríguez. Forma parte da programación do 25N A viguesa Llerena Perozo presentará o seu libro “Os...

Xornada informativa sobre a violencia machista: unha realidade social en pleno século XXI

0
● Baixo o lema “Elas somos todas” a xornada de relatorios busca concienciar e profundizar na abordaxe técnica e xurídica da violencia de xénero No...

Publicacións Relacionadas