A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido da segunda ronda da Copa da Raíña de fútbol sala, que tivo lugar no polideportivo municipal Vicente Álvarez e que enfrontou ao Bembrive FS co Pescados Rubén Burela, vixente campión de Liga da máxima categoría desta disciplina deportiva.