Home Pontevedra Caldas A Deputación leva este venres a Moraña a proxección de “Fatum” no...

A Deputación leva este venres a Moraña a proxección de “Fatum” no marco do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

A película poderá verse no Edificio Multiúsos de Moraña ás 19:30 horas

O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén aos concellos de Cerdedo-Cotobade, As Neves e Ribadumia

O Edificio Multiúsos de Moraña acolle este venres 29 de novembro ás 19:30 horas unha proxección cinematográfica da longametraxe “Fatum”, dirixida por Juan Galiñares e protagonizada por Luis Tosar, Álex García e Elena Anaya, entre outros. A actividade forma parte do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

“Fatum” narra a historia de Serxio, un home con problemas co xogo que, tras xurar que non volverá caer, recibe un aviso sobre un suposto amaño dun partido de fútbol. Incapaz de cumprir a súa promesa, regresa á casa de apostas coa intención de recuperar o diñeiro perdido. Cando se fai con el, Alexo irrompe armado no local, e Pablo, francotirador do GEO, recibe presións da comisaria Costa para prestar servizo no atraco. Pero a súa cabeza está no hospital, onde a vida do seu fillo pende dun fío. Un disparo mudará as súas vidas para sempre.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo desenvólvese nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Moraña, As Neves e Ribadumia. Ademais de “Fatum”, tamén haberá proxeccións de “O Corno”, “Matria”, “A viaxe de Lucy”, “¡Salta!”, “Emoción, vida e teatro, a nave das Marías”, “Chichi e mais eu” e “Os espazos en branco”, así como sesións de curtametraxes.

Relacionadas

A Deputación proxecta “A nave das Marías” este venres en Ribadumia no marco do...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 21:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Baile dá Segunda Xuventude 2024

0
O concello de Baiona o vindeiro venres dia 6 de decembro, de 17:30 a 20:30, celebramos o primeiro "Baile dá Segunda Xuventude" no Multiusos...

0
TELMO MARTÍN É O ÚNICO CULPABLE  DA “ABERRACIÓN” DE TER QUE PAGAR  13 MILLÓNS DE EUROS POLA   EXPROPIACIÓN DA PARCELA DAS   CUNCHAS  • BNG lamenta o “paripé”...

A feira Turexpo Galicia, presente como entidade colaboradora no Congreso Mundial de Turismo de...

0
• ADEMAIS DO APOIO CORPORATIVO, UN EQUIPO DO SALÓN TURÍSTICO DE GALICIA ESTÁ PRESENTE NESTA CITA, Á QUE ASISTEN MÁIS DE 250 PROFESIONAIS DO...

A Deputación acolle en colaboración coa Cruz Vermella unha xornada centrada no benestar emocional

0
A xornada “O benestar emocional: un investimento de presente e futuro” enmárcase no proxecto financiado pola institución provincia “Conta con nós” A Deputación de Pontevedra...

A Deputación leva este venres a Vila de Cruces o circuíto +Escénicas con “Cucú...

0
O espectáculo infantil poderá verse ás 12:00 horas no auditorio municipal Xosé Casal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

Publicacións Relacionadas