adminON
Lectura mínima de 6

TELMO MARTÍN É O ÚNICO CULPABLE  DA “ABERRACIÓN” DE TER QUE PAGAR  13 MILLÓNS DE EUROS POLA  

EXPROPIACIÓN DA PARCELA DAS  

CUNCHAS 

BNG lamenta o “paripé” e a “fuxida cara adiante” do  

alcalde no seu desesperado intento por esconder “un  

novo capítulo da súa nefasta xestión e da súa política  

de formigón”, que afecta aos petos dos veciños e  

veciñas de Sanxenxo 

Os nacionalistas instan a Martín a que aclare que  

investimentos se deixan de facer como consecuencia  

da utilización de fondos propios do Concello para  

completar o pago 

O grupo municipal do  Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo sinala a Telmo  Martín como único responsable da exorbitada contía de 13 millóns de euros que o Concello tivo que asumir para pagar a expropiación  da parcela das Cunchas, propiedade da familia Rocafort. O Bloque  tilda de “paripé e fuxida cara adiante” a comparecencia  protagonizada polo alcalde para confirmar o pago desta cantidade,  que “sae directamente dos petos dos veciños e veciñas da nosa  vila”. Os nacionalistas teñen claro que “por moito que o señor  Martín queira escenificar a súa ‘pataleta’ pintando raias de cor azul  no terreo, a cidadanía é perfectamente consciente de que ese pago  millonario é consecuencia do exceso de ego e da política  urbanística de formigón do alcalde”. Froito das súas teimas,  pagaranse máis de 4.300 euros por cada metro cadrado da finca.  “No único que estamos dacordo co señor Martín é que esa  cantidade é unha aberración, da cal é o culpable absoluto”,  engaden. 

Neste sentido, o voceiro do BNG, Fran Leiro, recorda que a  sentenza de Rocafort é unha nova evidencia das mentiras de Telmo  Martín, quen en 2019 asegurou que se seguía como alcalde de  Sanxenxo acadaría eses terreos sen pagar un só euro. “Moitas  explicacións vai ter que dar o señor Martín á veciñanza para aclarar  como é posible que pasemos dese suposto custe cero a ter que  pagar 13 millóns de euros”, advertiu. Esta cantidade é o dobre do  que, por exemplo, custou a compra dos terreos de Punta Vicaño.  Ao grupo nacionalista tamén lle parece “inaudito” que “Telmo  Martín fale e se queixe de especulación, unha arte que da que el  mesmo é un auténtico mestre. Temos claro que todo o que dixo  este martes o líder do Partido Popular son excusas de mal  pagador”. O Bloque recalca que a única realidade é que os 13  millóns de euros son consecuencia da teima por parte de Martín de  dilatar o proceso xudicial durante anos. “O Goberno do PP, co señor  Martín á cabeza, fixo engordar a cifra, por unha cuestión de ego e  de incapacidade de xestión, tratando de conseguir un triunfo nos  xulgados que a todas luces era imposible de acadar. De ter unha  mínima capacidade de negociación, a cantidade pola parcela sería  moito máis reducida”, denuncia o BNG, que tamén acusa ao alcalde  de mentir cando afirma que a familia Rocafort solicitou en 2017  máis de 40 millóns de euros pola expropiación. “Desa cantidade xa  se falaba en 2007, despois dos seus primeiros anos de mandato.  Falar de especulación e mentir son os únicos argumentos que lle  quedan a Telmo Martín para intentar tapar unha xestión lamentable  que o único que vai provocar é unha nova sangría nos petos dos  veciños e veciñas de Sanxenxo”, advirte Fran Leiro.

Merma nos investimentos 

Desde o grupo municipal do BNG instan a Telmo Martín a que aclare que partidas e investimentos se deixaron de acometer para poder acomete o pago dos 13 millóns de euros, logo de que o propio alcalde recoñecese publicamente de que parte desa cantidade será asumida por fondos propios do Concello. “Pagáronse 3 millóns de euros o ano pasado, ao que hai que sumar a petición dun crédito de preto de 7 millóns, pero o señor Martín non aclarou de onde saen os outros tres millóns restantes”, advirten os nacionalistas, que temen que a política de cemento e formigón do líder do Partido Popular se traduza nunha merma na calidade de servizos, algo que “empeza a ser unha constante desde que é alcalde”. 

Por último, o Bloque recorda que “nós advertimos desde o primeiro  

momento que a teima de Telmo Martín por dilatar o proceso  

xudicial se traduciría en ter que asumir esa cantidade. Agora, o  

alcalde admite que se deixan de facer investimentos e temos a  

débeda disparada ata cifras similares a hai unha década, todo pola  

súa incapacidade como xestor”.

Comparte este artigo