Home Pontevedra O Obradoiro “Redondela Máis que Bela IV” transforma as rotondas de Vilavella...

O Obradoiro “Redondela Máis que Bela IV” transforma as rotondas de Vilavella e Vilar

- Anuncio -
  • A piques de rematar o Obradoiro de Emprego “Redondela Máis que Bela IV”, xa loce no municipio o gran traballo dos seus participantes. Entre as tarefas realizadas na especialidade de “Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica”, unhas das máis visibles son as rotondas de Vilavella e Vilar de Infesta.
  • Tanto os participantes da especialidade “Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica” como os de “Carpintería de Ribeira” están a piques de rematar a súa formación e comezarán a busca de emprego. O Concello lembra ás empresas destes sectores que se precisan facer contratacións “aquí poden atopar persoal moi cualificado”.

A piques de rematar o Obradoiro de Emprego “Redondela Máis que Bela IV”, xa loce no municipio o gran traballo dos seus participantes. Entre as tarefas realizadas nestes meses na especialidade de “Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica”, unha das máis visibles é a das rotondas de Vilavella e Vilar de Infesta. O bo facer do alumnado-traballador pode apreciarse xa na entrada de Redondela desde as estradas N-550 e N-555. Este punto, onde conflúen o Camiño Portugués e o Camiño da Costa, “recibe agora aos milleiros de peregrinos que pasan por Redondela cun aspecto renovado e atractivo”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. A rexedora salienta o excelente resultado deste Obradoiro de Emprego, “que forma a veciñas e veciños para integrarse no mercado laboral, e ao mesmo tempo transforma o noso municipio con obras realizadas con gran profesionalidade”. A glorieta conta agora cun atractivo deseño axardinado. A outra intervención realizouse en Vilar de Infesta, na N-555. Nos dous casos son obras de interese municipal coas que os participantes acadan o Certificado de Profesionalidade de “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería”.
O concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, explica os alumnos-traballadores reciben con este Obradoiro de Emprego unha titulación oficial “que lles será de gran utilidade á hora de atopar emprego”. O edil lembra que tanto os participantes da especialidade “Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica” como os de “Carpintería de Ribeira” están a piques de rematar a súa formación e comezarán a busca de emprego. Cabaleiro fai un chamamento ás empresas destes sectores para que teñan en conta que se precisan facer contratacións “aquí poden contar con persoal moi cualificado”.
No caso da especialidade “Carpintería de ribeira” o seu traballo ten tamén moi repercusión no municipio, xa que se encargaron da restauración do histórico bote Manuel. A embarcación, cun século de antigüidade, loce agora na entrada do museo Meirande. O alumnado-traballador, ademais de formarse nesta especialidade tradicional, tamén aprendeu os procedementos de reparación de embarcacións deportivas e de recreo utilizando fibra de vidro, resinas e catalizadores.

Relacionadas

O Porriño dá un paso máis cara ao saneamento integral con dous novos proxectos...

0
● Os traballos ampliarán a rede en Budiño, Torneiros e Pontellas conectando a máis de 250 veciños● Este ano investíronse máis de 3 millóns...

A Deputación leva ata Vigo a mostra “Cines de Pontevedra”, na que recupera a...

0
A exposición, que será inaugurada pola vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez, poderá verse na sala Rosalía de Castro da sede da institución provincial en...

Luis López explora vías de colaboración cos presidente da Real Academia Galega de Belas...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela; reuniuse este xoves cos presidente da Real Academia Galega...

O BNG de Meis presenta unha emenda aos orzamentos para adecentar os centros de...

0
O BNG de Meis, presentou emendas aos orzamentos do Partido Popular na Xunta para mellorar o acondicionamento dos centros de saúde do noso Concello. Despois...

Esta fin de semana CPA Salvaterra celebra o II Trofeo Solidario

0
Este sábado comeza a II Edición do Trofeo Solidario Salvaterra de Miño, organizado polo  CPA Salvaterra e coa colaboración do Concello de Salvaterra de...

A Deputación invita a coñecer xoguetes centenarios no Museo de Pontevedra na exposición “É...

0
A mostra, que reúne arredor de 150 xogos e xoguetes da colección do redondelán Juan Manuel Alfaya Ocampo, inaugúrase mañá no Edificio Sarmiento A Deputación...

Publicacións Relacionadas