Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación invita a coñecer xoguetes centenarios no Museo de Pontevedra na...

A Deputación invita a coñecer xoguetes centenarios no Museo de Pontevedra na exposición “É tempo de xogar”

- Anuncio -

A mostra, que reúne arredor de 150 xogos e xoguetes da colección do redondelán Juan Manuel Alfaya Ocampo, inaugúrase mañá no Edificio Sarmiento

A Deputación inaugura mañá venres ás 18:00 h no Museo de Pontevedra a exposición ‘E tempo de xogar’, unha escolma de arredor de 150 pezas da colección de cerca de 700 xogos e xoguetes do redondelán Juan Manuel Alfaya Ocampo, que van desde finais do XIX ata os anos 60. Poderase visitar ata o 9 de febreiro, con visitas guiadas todas as semanas a cargo do coleccionista.

A exposición presentouna hoxe o vicepresidente, Rafael Domínguez, acompañado do coleccionista e da responsable de Exposicións do Museo, Fátima Cobo. Domínguez agradeceulle a Juan Manuel Alfaya “a súa xenerosidade co Museo e con Pontevedra”. O vicepresidente lembrou que “estamos nunhas datas especiais nas que todos os rapaces están imaxinando aquel xoguete que van querer, e aquí temos a posibilidade de ver o que imaxinaban os nosos avós que querían polo Nadal”.

Fátima Cobo destacou a implicación de Juan Manuel Afaya “cunha vocación claramente social, que nas visitas guiadas porá en movemento os xoguetes autómatas que forman parte da súa colección”. O propio coleccionista puxo o acento en que a exposición “sexa participativa, para chegar a moita xente, especialmente a aquelas persoas que non puideron ter estes xoguetes na súa infancia”.

As visitas guiadas son unha parte fundamental desta exposición. Será o coleccionista o que as guíe cada mércores e cada venres ás 18:00 h. Ademais, poderanse concertar visitas fóra dese horario para escolas, asociacións ou grupos a partir de 10 persoas, contactando para iso co Museo.

Sete décadas de xoguetes
Os xoguetes que forman esta exposición foron creados entre as décadas de 1890 e 1960 e pertencen a marcas españolas tan destacadas coma Rico, Payá, Sanchís, Teixidó, Picó, Casanellas, Seix Barral, Sagarra, Mariquita Pérez e Jecsan. Tamén doutros países, como Gunthermann, Lehmann, Fernand Martin, Arnold, Hess, Tecnos, Strauss, Distler, Bühler, Rossignol, Goso, Marx, Bonnet, Vebe, Lego, Joustra ou Matarazzo.

A mostra abrangue principalmente xoguetes de lata, pero tamén doutros materiais coma chumbo, cartón, madeira ou plástico. Destacan os autómatas, moitos deles centenarios, que reproducen con gran realismo sorprendentes movementos. Tamén os teatros, de marcas como Schreiber, Paluzie e Pellerin-D’Espinal. En definitiva, amósanse xoguetes para todos os gustos, habilidades e temperamentos.

Esta mostra quere ser, desde o propio título, unha invitación a xogar dirixida ás nenas e nenos, pero tamén ás persoas adultas. É unha viaxe no tempo para descubrir os obxectos cos que se divertían xeracións anteriores; as e os cativos sorprenderanse coas cores, os materiais e o enxeño destes trebellos, e as persoas maiores recoñecerán xoguetes da súa infancia cos que quizais non puideron xogar no seu día. Esta é a súa oportunidade de volver vivilos.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas