Home Vigo O Porriño O Porriño dá un paso máis cara ao saneamento integral con dous...

O Porriño dá un paso máis cara ao saneamento integral con dous novos proxectos por máis de 530.000 euros

- Anuncio -

● Os traballos ampliarán a rede en Budiño, Torneiros e Pontellas conectando a máis de 250 veciños
● Este ano investíronse máis de 3 millóns de euros en execución de saneamento

O Concello de Porriño continúa facendo un significativo esforzo para resolver unha necesidade histórica das súas parroquias: a mellora e ampliación da rede de saneamento.
Recentemente, licitáronse dous novos proxectos que suman un investimento de máis de 535.000 euros, e que se engaden aos máis de 3 millóns de euros investidos no último ano para ampliar a rede en obras financiadas polo Concello de Porriño, o Consorcio de Augas do Louro e a Deputación de Pontevedra, destacando o traballo conxunto entre administracións para alcanzar un saneamento integral canto antes.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe os dous novos proxectos que se atopan xa en licitación. En primeiro lugar o de Sobral-Eiriz, na parroquia de Budiño que dará servizo a 38 vivendas, beneficiando a máis de veciños/as da zona. Cun orzamento de 344.000 euros, resolverá a falta de servizo de saneamento público que actualmente se cobre con fosas sépticas. A actuación consistirá na prolongación da rede de saneamento en catro tramos, sumando un total de 1.142 metros de tubaxe. Instalaranse colectores de 300 e 250 mm de diámetro en PVC macizo, o que mellorará significativamente o servizo e a calidade de vida dos residentes.
En segundo lugar, o correspondente a Seixo, na parroquia de Torneiros, que conecta a estrada EP-2401 co núcleo de Arrotea en Pontellas. Cunha extensión de 1.028 metros de tubaxe e a instalación de 41 pozos de rexistro, prevese a instalación de 4 colectores por gravidade, tamén de PVC macizo de 300 e 250 mm de diámetro. Estas obras conectarán 30 vivendas beneficiando a máis de 100 veciños/as.
O saneamento nas parroquias, unha cuestión prioritaria
O alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, reiterou que a rede de saneamento e a mellora das estradas e camiños nas parroquias son unha prioridade para o goberno municipal. Asegura que, desde o executivo local, trabállase sen descanso para xestionar fondos doutras administracións e facer realidade estes proxectos. Destacar neste punto que o Concello do Porriño destinou nos últimos dous anos máis de 2 M de euros de fondos propios. Lorenzo subliñou a importancia da planificación desenvolvida polo Concello, que permite reducir os tempos administrativos e acceder ao financiamento de maneira máis rápida e eficiente.
Neste sentido, redactáronse varios proxectos que xa están listos para a súa execución, á espera unicamente das autorizacións sectoriais pertinentes. Entre estes inclúense o de Novás (Atios), Benunes (Budiño), Penedo-O Toxal-Chenlo e O Caeiro (Chenlo), O Monte (Mosende), A Devesa e Folón (Mosende), A Louriña (Pontellas), A Torre dos Eidos (Atios), Pontenova (Atios), A Graña e Sequeiras (Cans), San Andrés, O Barbeito (Mosende), así como outras ampliacións en Atios, Pontellas e Mosende.

Relacionadas

O Obradoiro “Redondela Máis que Bela IV” transforma as rotondas de Vilavella e Vilar

0
A piques de rematar o Obradoiro de Emprego “Redondela Máis que Bela IV”, xa loce no municipio o gran traballo dos seus participantes. Entre...

A Deputación leva ata Vigo a mostra “Cines de Pontevedra”, na que recupera a...

0
A exposición, que será inaugurada pola vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez, poderá verse na sala Rosalía de Castro da sede da institución provincial en...

Luis López explora vías de colaboración cos presidente da Real Academia Galega de Belas...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela; reuniuse este xoves cos presidente da Real Academia Galega...

O BNG de Meis presenta unha emenda aos orzamentos para adecentar os centros de...

0
O BNG de Meis, presentou emendas aos orzamentos do Partido Popular na Xunta para mellorar o acondicionamento dos centros de saúde do noso Concello. Despois...

Esta fin de semana CPA Salvaterra celebra o II Trofeo Solidario

0
Este sábado comeza a II Edición do Trofeo Solidario Salvaterra de Miño, organizado polo  CPA Salvaterra e coa colaboración do Concello de Salvaterra de...

A Deputación invita a coñecer xoguetes centenarios no Museo de Pontevedra na exposición “É...

0
A mostra, que reúne arredor de 150 xogos e xoguetes da colección do redondelán Juan Manuel Alfaya Ocampo, inaugúrase mañá no Edificio Sarmiento A Deputación...

Publicacións Relacionadas