O programa de conciliación celébrase dende hai anos como unha programación estable adquirindo grande demanda e satisfacción cidadá. Nesta ocasión, éde interese da área dos Servizos Sociais Comunitarios impulsar o programa de conciliación durante as vacacións do Nadal 2024, coincidindo coas datas das vacacións escolares, de luns a venres –excepto festivos- de 08:30 a 14:30 horas e destinados a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 10 anos co obxectivo de que os máis novos pasen unhas vacacións de ocio e divertimento, aprendendo contidos de todo tipo e en ámbitos relacionados coa cultura, igualdade, o medio ambiente ou as novas tecnoloxías…
Co fin de poder abrir un período de preinscrición para esta actividade, proponse a publicación dunha normativa de admisión así como do prezo público de matrícula que deberán aboar os participantes –a través da modalidade de autoliquidación- unha vez confirmada a súa reserva de praza correspondente, no período que se estableza e achegando a documentación requirida.
E polo tanto establécense os seguintes prezos e modalidades de matrícula pola asistencia a dita actividade:
PROGRAMA DIAS SEN COLE-SERVIZO DE CONCIALIACIÓN NADAL 2024: Prezo de matrícula: 40 €
Interesados en contribuír na diminución do esforzo que pode representar para familias en situación de vulnerabilidade ou circusntancias especiais, e co fin de facilitar a participación dos nenos e nenas nesta actividade, proponse a aplicación dun desconto do 20% sobre o importe de matrícula aos fillos/as das familias que reúnan algunha das seguintes condicións ou circunstancias, e asío acrediten previamente mediante a aportación dos documentos pertinentes (non seráacumulativo no caso de darse máis dunha circunstancia):
– Familias que teñan o TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
– Familias acolledoras ou monoparentais que o acrediten documentalmente co certificado oficial.