Home Pontevedra O concello de Soutomaior presenta o seu Nadal para VIVIR en Soutomaior

O concello de Soutomaior presenta o seu Nadal para VIVIR en Soutomaior

- Anuncio -

O Soutomaior inicia o Nadal cunha ampla programación de actividades que se irán desenvolvemento desde o 7 de decembro ata o 6 de xaneiro entre as que se atopa a visita do Apalpador, de Papá Noel, unha gran FESTA DE FIN DE ANO, a Carteira Real e a recepción e Cabalgata de Reis.
Soutomaior, 28 de novembro. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña presentaron hoxe o Nadal de Soutomaior que se desenvolverá dende o 7 de decembro. Un Nadal que terá como núcleo de centralidade a Alameda de Talo Río onde se instalará unha carpa de Nadal que este ano contará con moitas melloras de confortabilidade.
O Nadal comezará o día 7 de decembro co acendido das Luces e con moitas actividades entre as que se atopa o concerto, nesa xornada, de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Un Nadal onde haberá grandes citas e onde, como novidade, o concello ten organizado unha gran FESTA DE FIN DE ANO con Yaya DJ e unha cabalgata de Reis. Un Nadal para o desfrute de todas as persoas. Podedes informarvos de toda a programación deste Nadal en: https://www.soutomaior.gal/wp-content/uploads/2024/11/programacion-NADAL-24-25-OP.pdf
O lema deste ano da campaña é VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR porque Soutomaior quere VIVIR: o comercio local, coas campañas de promoción e dinamización económica: NADAL NO PETO, para incentivar o gasto no comercio e hostalería local destinando 1500€ repartidos en quince premios de 100 euros que se sortearán entre as persoas que realicen unha ou varias compras por valor mínimo de 20€ nun establecemento comercial ou hostaleiro do Concello de Soutomaior (compras desde o 4 de decembro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2025, ambos incluídos). Prazo límite de adhesión ata o 21 de novembro de 2024; ADOBIAR O LOCAL para que as rúas lozan bonitas e crear ambientes navideños apoiados co alumeado especial de Nadal; COLABORA COA SAN SILVESTRE, para que as empresas locais se impliquen en eventos como a San Silvestre.
Soutomaior quere VIVIR a economía circular e a solidariedade, co MERCADO DE 2ª MAN porque son moitos os obxectos que poden ter unha segunda e así reutilizar, renovar ou reciclar para así incidir no respecto e coidado polo medio ambiente á vez que fomentamos actitudes solidarias onde compartir o que xa non usamos ou non queremos. Haberá un punto de recollida de alimentos non perecedoiros destinados ás persoas máis vulnerables.
Soutomaior quere VIVIR o deporte, reforzando os vínculos sociais a través das actividades físicas para todos os públicos como na carreira San Silvestre que se desenvolverá o sábado 28 de decembro,
Soutomaior quere VIVIR a mestizaxe das tradicións e a interculturalidade, achegando un programa no que están presentes figuras como a do Apalpador, a de Papá Noel e a celebración da tradicional Cabalgata de Reis.
Soutomaior quere VIVIR o tecido asociativo, impulsando a participación veciñal a través do Concurso de Doces de Nadal, da colaboración das asociacións musicais no programa de actividades con concertos de Nadal ou a programación deslocalizada para achegar o Nadal a todos os barrios do Concello.
Soutomaior quere VIVIR a cultura, cunha programación para todas as idades onde disfrutar de espectáculos musicais, teatrais, concertos, obradoiros e unha morea de propostas de lecer para a mocidade, a terceira idade e as persoas de todas as idades.
Soutomaior quere VIVIR as relacións interxeneracionais, implicando aos centros educativos e aos centros de maiores nas que os nenos e nenas agasallan aos maiores e gozan e comparten dun espectáculo xuntos e xuntas.
Soutomaior quere VIVIR a diversidade funcional, con actividades adaptadas e visibilizando as múltiples capacidades das persoas por exemplo, no acendido de luces ou aplicando en todas as actividades os principios de Soutomaior inclusivo
Soutomaior quere VIVIR as persoas maiores, cunha nova iniciativa que nace para que a xente maior poida despedir o ano nun Baile de Nadal no que non faltarán o cotillón e a chocolatada ou a través do obradoiro de Risopercuterapia para rir cantar e bailar e seguir exercitando corpo e mente.
Soutomaior quere VIVIR a conciliación, cos campamentos Concilia que se desenvolverán do 3 ao 23 de decembro no Centro de Benestar Integrado, inscricións en liña ata o 9 de decembro ás 14:00h.
Un Nadal

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas