Home Pontevedra O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co novo centro de saúde

- Anuncio -

O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta recolla no documento orzamentario partidas específicas con melloras en sanidade, educación e infraestruturas para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Soutomaior.
Así, unha das emendas presentadas polo BNG aos Orzamentos da Xunta para o ano que vén solicita que se doten dunha partida específica para acometer a construción do novo centro de saúde de Arcade. Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “o Goberno de Soutomaior xa fixemos todo o traballo que dependía de nós para que os veciños e veciñas de Arcade conten co seu novo centro de saúde”. Nos últimos meses, o Goberno local rematou o proceso de expropiación dos terreos nos que se construirá o centro e a súa cesión ao Sergas, polo que agora debe ser a Xunta a que dea os seguintes pasos.
Tamén no ámbito da sanidade o BNG de Soutomaior presentou outra emenda, ligada á da construción do novo centro de saúde, para que se dote este complexo sanitario co persoal e recursos que garantan unha atención de calidade para a veciñanza de Soutomaior. O actual centro de saúde conta unicamente con 3 médicos de Atención Primaria cuns cupos disparados, superior aos 1400 pacientes por facultativo, moi por enriba do que recomenda a OMS.
O BNG de Soutomaior tamén presentou outra emenda centrada no ámbito da educación. Ao igual que en anos anteriores, a formación de Soutomaior solicita á Xunta que o Orzamentos de 2025 contemplen de maneira explícita unha partida para o desenvolvemento da Fase II do IES de Soutomaior, o que axudaría a desconxestionar as aulas actualmente masificadas. Trátase dunha demanda histórica do BNG de Soutomaior e da veciñanza, que xa desde antes da construción do instituto denunciaban que este non estaba capacitado para atender con garantías as necesidades da comunidade educativa do concello, polo que iniciar canto antes a construción da segunda fase é prioritario.
Por último, o BNG de Soutomaior presentou unha emenda na que lle pide á Xunta a transferencia do tramo urbano da PO-264 ao seu paso por Arcade. Trátase dun paso de gran importancia para que o Goberno de Soutomaior siga avanzando no proceso de transformación urbana do noso concello que se está a levar a cabo desde o comezo do mandato.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Repartición do calendario municipal de 2025

0
Hoxe comeza a repartición aos veciños da nosa vila dos máis de 5.000 calendarios que este ano repartirá @gratuitamente o Concello de Baiona en...

Publicacións Relacionadas