Repartición do calendario municipal de 2025

adminON
Lectura mínima de 1

Hoxe comeza a repartición aos veciños da nosa vila dos máis de 5.000 calendarios que este ano repartirá @gratuitamente o Concello de Baiona en todos os domicilios do municipio.

Con motivo do 50 aniversario do irmandamento con Palos de la Frontera (Huelva), o Concello de Baiona quixo render unha merecida homenaxe a esta efeméride e edita xunto co patrocinio de Gestagua e a colaboración da oficina de Correos de Baiona, un calendario gratuíto, que entrará desde hoxe en todas as casas baionesas e que pretende lembrar a modo de imaxes, a multitude de intercambios culturais e deportivos que ao longo destes cincuenta anos hannos hermanado ao pobo de Palos de la Frontera.

Eventos, inauguracións, intercambios estudantís, culturais e deportivos de toda índole que foron realizadas ao longo deste medio século por asociacións como A Coral Polifónica Baiona A Real, o Coro de Homes Voces Baionesas, a Asociación Folclórica Vila de Baiona, a Asociación Cultural A Seneira, a Banda de Música de Baiona, as Anpas de centros educativos de Baiona e máis organizacións que dan vida a nosa Villa.

Multitude de recordos conforman este calendario 2025 do Concello de Baiona.

Comparte este artigo