Home Vigo Mos Gran Festa Pre Fin de ano en Mos cos mellores da escea...

Gran Festa Pre Fin de ano en Mos cos mellores da escea musical actual

- Anuncio -

Os os DJs Álex Martini e Ballesteros, referentes nacionais, e a orquestra París de Noia, das mellores de Galicia, protagonizarán o 28 de decembro no Pazo de Mos o gran espectáculo de despedida do 2024 organizado polo Concello

A mellor Festa Pre Fin de Ano do sur da provincia celebrarase no Pazo de Mos o Día dos Santos Inocentes. Un cartel de luxo cos mellores DJs do país e unha das mellores orquestras de Galicia darase cita o 28 de decembro a partir das 23.00 horas con dous escearios e carpa climatizada. Referentes da escea musical galega e española compartirán esceario en Mos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que a Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos será presentada polo Grupo de Teatro A Cividade de Louredo e contará coa actuación da orquestra París de Noia e os DJs Álex Martini, Ballesteros, Álex G e Samu Pexe, referentes dos panoramas musicais autonómico e nacional. O Grupo de Teatro A Cividade está formado por 10 compoñentes que levan subíndose aos escearios desde fai máis de 20 anos. Especialistas en humor, recorren toda Galicia cos seus espectáculos!

Ademais o Concello de Mos repartirá miles de uvas na súa Festa Pre Fin de Ano: a celebración, que terá entrada totalmente gratuíta para o público asistente, contará co reparto de miles de uvas, tamén gratis, coas que acompañar as badaladas de medianoite.

Máis datos sobre os artistas

Os DJs Ballesteros e Álex Martini son referentes a nivel nacional. Ballesteros é un DJ e produtor madrileño que nos últimos anos consolidouse como un dos djs máis importantes e respectados do momento, posicionándose como referencia dentro do xénero urbano. A finais de 2020, Ballesteros foi recoñecido polos Premios Núcleo Urbano como o mellor DJ urbano español, o que lle brindou gran relevancia no noso país e en toda Latinoamérica, dándolle un gran empuxón para continuar coa súa ascendente carreira.

Alex Martini, Dj e produtor madrileño de 25 anos que empezou aos 14 anos con música electrónica e hip hop. Disco de Ouro e disco de Platino co seu tema “Dime bbsita” xunto a Robledo.

Ambos contarán co Local Support dos mosenses Samu Pexe & Álex G.

Por outra banda a orquestra París de Noia, considerada unha das mellores orquestras galegas, foi fundada no ano 1957 do século pasado por Joaquín García Piñeiro (O Acordeonista), o mítico cantante Constantino Pego e outros 10 compoñentes máis. 

Despois de tantos anos, seguen sendo unha das orquestras punteiras en Galicia tanto en repertorio, como vestiario, seguindo sempre as tendencias, a escenografía con coreografías vistosas e moi traballadas. Contan para iso cunha formación de 16 artistas no escenario traballando a diario con moitísimas ganas e cargados dunha enorme ilusión por sorprender ao público actuación tras actuación.

Para que todo soe e luza dunha maneira espectacular dispoñen dun potente e moderno equipo de son e un gran escenario móbil co último tanto en iluminación como en pantallas de led. Un equipo técnico composto por 12 persoas encárganse de montalo e facer que todo soe e luza dunha maneira realmente impresionante.

A carreira musical de Paris de Noia convértese nunha liña ascendente, estando actualmente considerada como unha das mellores orquestras de Galicia. Isto débese ao traballo constante e meticuloso, a un forte investimento en material escenográfico, de luz e son; pero sobre todo por contar con mellóreos músicos do panorama actual.

Actualmente a orquestra compóñena, 16 músicos, un técnico de son, dous técnicos de iluminación, 7 técnicos de montaxe. Contamos cun gran escenario móbil co útimo en iluminación e son.

Relacionadas

2024 péchase como o ano da “sangría económica e da maior presión fiscal” consecuencia...

0
O BNG lembra que nos últimos 12 meses o Goberno local do PP incrementou a débeda municipal ata niveles non vistos desde hai máis dunha década,...

O Rosal, epicentro do balonmán co Handball Cup do Valinox Novás

0
Máis de 150 nenos e nenas participan dende hoxe ata o 28 de decembro neste trofeo transfronteirizo organizado en colaboración co Concello Nadal cheo de...

Raquel Atanes e Juan darán as badaladas por adiantado no Porriño ao ritmo de...

0
● O luns 30 de decembro a vila do Louro acollerá o seu tradicional pre fin de ano, coa edición infantil como xa marca...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novos concertos do ciclo Entradiñas de...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

Luis López compromete o apoio da Deputación para a mellora da mobilidade peonil na...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional coa alcaldesa Sandra González no que acordaron iniciar ao longo do 2025 a tramitación deste...

Luis López asina un novo investimento para mellorar a rede de estradas provinciais: 1,2M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, asina co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o convenio para crear unha senda peonil,...

Publicacións Relacionadas