- Concello de Arbo aposta por unha alternativa de lecer deportiva xuvenil durante as festas do Nadal.
- O sábado 28 de decembro a partires das 10:00horas no Pavillón Polideportivo de Arbo.
O Concello de Arbo organiza a primeira edición do Torneo de Fútbol sala para mozos e mozas durante as festas de Nadal, como unha alternativa de lecer xuvenil.
Así, o 28 de decembro a partires das 10:00horas, terá lugar no Pavillón Polideportivo de Arbo a competición amigable dirixida a mozas.
As inscricións xa están en marcha e os entusiastas do fútbol sala teñen a oportunidade de formar parte desta experiencia única. Para asegurar un lugar na competición, os interesados poden inscribirse ata o 24 de decembro ás 23:59 horas, chamando aos teléfonos 604 04 81 29 (Mateo), 687 12 25 30 (Aitor) ou 639 82 94 45 ( Concelleiro de Deportes do Concello de Arbo).
Os participantes de cada equipo deberán achegar dous euros antes do inicio do primeiro partido en concepto de inscrición, sendo 6 o número de xogadores por cada equipo.
Os premios consistirán ademáis dos agasallos en metálico, en cestas de nadal con productos do comercio local. O sorteo de equipos e grupos terá lugar o 26 de decembro.
Organizado polo Concello da localidade de Arbo, este evento promete ser un destacado punto de encontro para amantes do deporte e a competición nestas datas festivas de Navida e desde o Consistorio animan a participar a todos e todas as deportistas que queiran pasar un día disfrutando do Fútbol Sala en compañía de amigos e amigas.