Rexistrou o seu récord histórico en asistencia de animais, con 1.895 exemplares (ata agora a mellor marca situábase na sesión número 26 do ano 2006, cando concorreran 1.730 animais), o cal foi resultado doutras dúas marcas históricas, en concorrencia de becerros de recría, con 1.274 (o anterior estaba nos 1.144 tanto da semana 26 do ano 2008 como da semana 25 do ano 2009), e tamén de becerros carniceiros, con 306 (a anterior estaba nos 217 exemplares do 19 de decembro de 2023).
Esta asistencia reflectiuse tamén nas transaccións, que acadaron máximos históricos no conxunto da poxa, con 1.341.387€ (a anterior estaba en 1.100.758€ da semana pasada), na categoría de becerros de recría, con 503.556€ (a anterior estaba nos 350.743€ do 30 de xullo deste ano) e tamén de becerros carniceiros, con 337.108€ (a anterior estaba nos 232.520€ da semana pasada).