Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal, epicentro do balonmán co Handball Cup do Valinox Novás

O Rosal, epicentro do balonmán co Handball Cup do Valinox Novás

- Anuncio -

Máis de 150 nenos e nenas participan dende hoxe ata o 28 de decembro neste trofeo transfronteirizo organizado en colaboración co Concello

Nadal cheo de deporte no Rosal como manda a tradición. Arrancou xa o XII Trofeo Transfronteirizo O Rosal Handball Cup de balonmán, unha competición organizada polo Valinox Novás en colaboración co Concello que se disputa dende hoxe ata o vindeiro 28 de decembro. Máis de 150 nenos e nenas das categorías benxamín, alevín e infantil participan estes días nun encontro na que a rapazada gozará dunha experiencia única tanto dentro como fóra da pista.

Unha oportunidade para que os xogadores e xogadoras de equipos procedentes de Galicia e Portugal convivan, compartan e aprendan con compañeiros e compañeiras doutros clubs ao tempo que se divirten cos valores do deporte e se fomenta a igualdade, o respecto e o traballo en equipo.

“O Rosal segue a ser un exemplo de como o deporte une ás persoas e fomenta valores esenciais na nosa sociedade. Este trofeo é moito máis que unha competición, é unha ocasión única para que a rapazada aprenda e desfrute dun Nadal cheo de deporte, compañeirismo e novas amizades”, salientou do concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo. O edil resaltou a importancia de eventos coma este para seguir estreitando lazos transfronteirizo e quixo agradecer ao Valinox Novás a súa implicación e traballo. “A colaboración entre Concello e clubs fai posible que iniciativas tan enriquecedoras como esta sigan crecendo ano tras ano”, destacou.

Durante tres xornadas, non só se disputarán partidos, senón que tamén se levarán a cabo actividades paralelas deseñadas para enriquecer a experiencia de todas e todos os participantes, cunha ampla oferta de opcións recreativas.

Haberá dende xogos para demostrar as súas habilidades nunha contorna diferente á da competición oficial ata actividades de animación ou ao aire libre que engadirán frescura e diversión ás xornadas. O broche de ouro será a gran festa de convivencia, con música, comida e un ambiente de celebración no que compartir anécdotas e risas coas novas amizades que se forxarán estes días.

Relacionadas

2024 péchase como o ano da “sangría económica e da maior presión fiscal” consecuencia...

0
O BNG lembra que nos últimos 12 meses o Goberno local do PP incrementou a débeda municipal ata niveles non vistos desde hai máis dunha década,...

O Concello de Tui concede unha Mención Honorífica Especial a Adolfo Besada

0
A entrega terá lugar o próximo luns, 30 de decembro, ás 20 h no Teatro Municipal O Teatro Municipal de Tui acollerá o próximo luns,...

Luis López salienta o legado de Emilia Pardo Bazán a prol da igualdade, a...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, participa na entrega dos terceiros premios Emilia Pardo Bazán que organiza FARO e a Deputación “O legado...

O Concello de Ponteareas o Mercatea Nadal con corenta postos para o comercio local

0
O CONCELLO DE PONTEAREAS ABRE O MERCATEA NADAL CON CORENTA POSTOS PARA O COMERCIO LOCAL Os establecementos que o soliciten poderán colocar un posto na...

Solidariedade no Porriño: a Cafetaría Paso a Nivel reparte 100 para a cea do...

0
● Familias en situación de vulnerabilidade puideron gozar dunha tranquila velada navideña cos seus seres queridos Nun xesto de solidariedade e compromiso, a Cafetaría Paso...

A Banda de Música Popular de Tui conta no seu concerto de Nadal a...

0
Será mañá venres ás 21.30  h no Teatro Municipal de Tui Un conto de Nadal no que contarán a historia de Santa Claus. Así será...

Publicacións Relacionadas