Home Vigo O Porriño Raquel Atanes e Juan darán as badaladas por adiantado no Porriño ao...

Raquel Atanes e Juan darán as badaladas por adiantado no Porriño ao ritmo de El Combo Dominicano

- Anuncio -


● O luns 30 de decembro a vila do Louro acollerá o seu tradicional pre fin de ano, coa edición infantil como xa marca a tradición

O Porriño prepárase para despedir o 2024 por anticipado. Un ano máis, o Concello -pioneiro neste evento- organiza unha xornada, a deste luns 30 de decembro, cunha chea de actividades para todas as idades.
A festa arrancará xa pola mañá. Ás 11.00 horas dará comezo a Festa infantil na que os máis pequenos serán protagonistas e terán o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pascalles de personaxes infantís. Uxía Lambona e a banda molona, será a encargada de continuar a festa tras as badaladas que soarán ás 12 do mediodía.
Ao redor das 19.00 horas iniciarase a festa grande co pasacalles das tres rondallas locais, a rondallas de Pontellas, Santa Eulalia de Atios e Santa María, que desfilarán polas rúas da vila. A continuación, sobre as 22.00 horas, dará comezo a actuación da orquestra El Combo Dominicano e a medianoite volverán soar as doce badaladas, da man da xornalista local, Raquel Atanes, e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen anda aí?” da TVG. Haberá uvas, cotillón e chocolate gratuíto para todos os asistentes e unha sesión dj que promete pechar a noite ao grande.
“Desde o Concello convidamos á veciñanza e tamén a todas as persoas de fóra que así o desexen, a acudir a Porriño a festexar xuntos de maneira anticipada o fin do ano 2024 e o recibimento do aninovo, unha cita convertida xa en tradición en Porriño”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo asegurando que se manterá sempre no calendario festivo e cultural do Concello

Relacionadas

2024 péchase como o ano da “sangría económica e da maior presión fiscal” consecuencia...

0
O BNG lembra que nos últimos 12 meses o Goberno local do PP incrementou a débeda municipal ata niveles non vistos desde hai máis dunha década,...

O Concello de Tui concede unha Mención Honorífica Especial a Adolfo Besada

0
A entrega terá lugar o próximo luns, 30 de decembro, ás 20 h no Teatro Municipal O Teatro Municipal de Tui acollerá o próximo luns,...

Luis López salienta o legado de Emilia Pardo Bazán a prol da igualdade, a...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, participa na entrega dos terceiros premios Emilia Pardo Bazán que organiza FARO e a Deputación “O legado...

O Concello de Ponteareas o Mercatea Nadal con corenta postos para o comercio local

0
O CONCELLO DE PONTEAREAS ABRE O MERCATEA NADAL CON CORENTA POSTOS PARA O COMERCIO LOCAL Os establecementos que o soliciten poderán colocar un posto na...

Solidariedade no Porriño: a Cafetaría Paso a Nivel reparte 100 para a cea do...

0
● Familias en situación de vulnerabilidade puideron gozar dunha tranquila velada navideña cos seus seres queridos Nun xesto de solidariedade e compromiso, a Cafetaría Paso...

A Banda de Música Popular de Tui conta no seu concerto de Nadal a...

0
Será mañá venres ás 21.30  h no Teatro Municipal de Tui Un conto de Nadal no que contarán a historia de Santa Claus. Así será...

Publicacións Relacionadas