Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal adestra a súa mente no taller de memoria da Asociación...

O Rosal adestra a súa mente no taller de memoria da Asociación de Persoas Maiores

- Anuncio -

As clases comezarán a vindeira semana en horario de mañá ou tarde. Máis información e inscricións no teléfono 661 280 976

A Asociación de Persoas Maiores do Rosal pon en marcha en colaboración co Concello un novo taller de memoria que busca ofrecer ás persoas maiores ferramentas prácticas para exercitar a súa mente e mellorar así a súa calidade de vida.
A iniciativa arrancará a vindeira semana no Centro Social Polivalente e permitirá escoller entre dúas opcións: os martes a partir do 21 de xaneiro en horario de tarde ou os xoves en horario de mañá, comezando o día 23. Un espazo pensado para que as e os participantes non só melloren as súas habilidades cognitivas, senón que tamén desfruten dun tempo de socialización e aprendizaxe compartida.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destaca a importancia de promover este tipo de iniciativas para o benestar da veciñanza e agradece o labor que realizan dende a Asociación de Persoas Maiores para un envellecemento activo e saudable. A rexedora animou a todas e todos os maiores a participar neste taller “que non sé unha oportunidade para adestrar e reforzar a súa memoria, senón tamén para seguir creando lazos e compartindo experiencias”.
Todas as persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse a través do teléfono 661 280 976.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas