Home Deputacións Deputación Pontevedra A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo

- Anuncio -

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu a 14 agrupacións de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar e Tui no IFEVI e co que colabora cunha achega de 10.000 euros. A vicepresidenta provincial felicitou á Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo “por continuar, ano tras ano, desenvolvendo este espectáculo único en Galicia” e ás agrupacións, pois “demostrades que a cultura tradicional está moi viva”. Tamén remarcou o compromiso da Deputación coa cita “para que sigades dando tantas alegrías a Vigo durante moitos máis anos” e coas rondallas, “ás que este ano destinamos máis recursos para seguir protexendo e promovendo este legado musical e cultural do que nos sentimos tan orgullosos”.

O Certame de Rondallas foi, ademais, este ano, dobremente especial, xa que o director Daniel Sánchez Arévalo aproveitou o certame para filmar varias escenas da súa película “Rondallas”. “Esta película supón un importante recoñecemento para o labor das rondallas e contribuirá, ademais, a difundir a música e a cultura a un público aínda máis amplo”, subliñou Luisa Sánchez.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A Camelia loce en todo seu esplendor no Claustro da Catedral de Tui esta...

0
75 expositores galegos, portugueses e asturianos que presentan as súa flores cunha coidada decoración Distintas cores, variedades, formas e tamaños da camelia locen en todo...

Publicacións Relacionadas