Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando nas Rías Baixas na Foz da Ramallosa e Praia América

- Anuncio -

Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca polas limícolas, a variedade de gaivotas, garzas ou aves mariñas como os carráns cristados

A Deputación de Pontevedra abre este luns 20 de xaneiro o prazo para participar na primeira actividade da nova edición do programa Voando nas Rías Baixas, que terá lugar o domingo 2 de febreiro na Foz da Ramallosa e Praia América, en Nigrán. En colaboración de novo coa asociación SEO/BirdLife, esta será a primeira das sete rutas ornitolóxicas organizadas durante o ano para sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Pontevedra e a importancia de conservar o medio natural.

A Foz da Ramallosa é un espazo intermareal que se atopa entre os concellos de Nigrán e Baiona (no esteiro do río Miñor) protexido pola Rede Natura 2000, de alto valor ecolóxico e óptimo para a observación de aves tanto polo preto que se poden avistar como tamén polo confiadas que se mostran cara ao ser humano. Nela salientan as limícolas (mazaricos, biluricos, pilros…), a variedade de gaivotas, diferentes especies de garzas ou aves mariñas como os carráns cristados. Tamén é posible atopar a aguia pescadora, que se achega a este esteiro para pescar.

A Deputación oferta 25 prazas por actividade, e a persoa solicitante poderá inscribirse xunto con tres acompañantes máis. O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade, e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición unha guía de aves, prismáticos e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas.

O calendario de actividades de Voando nas Rías Baixas en 2025 continúa coa ruta da costa sur da ría de Arousa (Cambados e Vilanova de Arousa), que se celebrará o 9 de marzo. En terceiro lugar, as Brañas de Xestoso (Forcarei e Silleda), o 25 de maio, e posteriormente a ruta da praia da Lanzada (O Grove e Sanxenxo) o 22 de xuño. O 28 de setembro celebrarase a ruta dos campos e lagoas de Rouxique (Sanxenxo), que irá seguida da do esteiro do río Lérez e a Intermareal Combarro-Lourido (Poio e Pontevedra), o 9 de novembro, e en último lugar a ruta da enseada de San Simón (Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa), pechando o calendario da edición o 14 de decembro.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas