A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o austríaco Wat Atzgersdorf. O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal do Porriño despois do partido de ida, que se celebrou no mesmo lugar na xornada de onte.