Home Pontevedra Baixo Miño Teatro, danza, música e humor abren o ano no Teatro Municipal de...

Teatro, danza, música e humor abren o ano no Teatro Municipal de Tui

- Anuncio -
A nova programación, con seis espectáculos, comeza o venres 31 de xaneiro. As entradas estarán á venda en tui.gal a partir deste venres 24

Teatro, danza, música e humor forman parte da programación cultural do primeiro trimestre do ano no Teatro Municipal de Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, avanzaron hoxe esta programación no propio Teatro Municipal destacando a aposta que o Concello de Tui realiza presentar por unha oferta cultural de calidade, variada, estable e para todos os públicos, que ten convertido ao teatro tudense nun referente tanto en Galicia coma no Norte de Portugal.

Seis serán os espectáculos que se poderán disfrutar neste espazo escénico dende o venres 31 de xaneiro até o venres 14 de marzo. As entradas para todas as funcións poranse á venda este venres, 24 de xaneiro, ás 12 h, en tui.gal

A programación deste primeiro trimestre do ano abrirase o venres, 31 de xaneiro, ás 20 h coa compañía portuguesa Teatro Nacional São João do Porto, que achega á Eurocidade Tui-Valença “Fado alexandrino”. Esta proposta, para público adulto, forma parte dos actos conmemorativos do 50 aniversario da Revolución dos Cravos. Será a estrea en Galicia desta produción teatral que contará con 12 actores e actrices en escena.

O venres, 7 de febreiro, ás 21 h  Federico Pérez, da man de Ainé Produccións, chegará ao teatro tudenses co seu monólogo “Xa que o sabes, voucho contar(e cantar)”. No mesmo contará (e cantará) a súa versión dos feitos que marcaron a súa vida, coa música de Frank Sinatra ou John Lennon.

O público familiar poderá gozar o venres, 14 de febreiro, ás 19 h con Xampatito Pato, co seu novo espectáculo “Compaña”. Con circo e monicreques Jesús Velasco creará  imaxes e escenas que transportarán aos pequenos e pequenas da casa a un mundo surrealista e cheo de cor.

O venres 21 de febreiro, ás 21 h, o Teatro Municipal de Tui acollerá a estrea de “Transeúnte” de Daniel Rodríguez. Nesta obra de danza contemporánea, coproducida polo Centro Coreográfico Galego, reflexionase sobre a relación das novas xeracións coa tradición e o folclore neste mundo tecnolóxico e globalizado no que aínda habita a sabedoría dos nosos instintos.

Cun espectáculo para público familiar o venres, 7 de marzo, ás 19  h volve a Tui Galitoon, nesta ocasión con “Facendo o indio”. Una proposta, de teatro de humor xestual, na que  os seus protagonistas loitan para que a súa tribo non se extinga contra o seu peor inimigo: eles mesmos.

Por último, o venres 14 de marzo, ás 21 h pechará esta programación “Desterradas”, de Producións Teatrais Escénicas. Unha obra ambientada no século XVI narrando unha historia de rebelión e resistencia. Carme Varela recibiu por este texto o 25ª premio Álvaro Cunqueiro.

Relacionadas

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 24 e 25 de xaneiro levarán a familias de 15 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Bienestar Moaña,...

O BNG solicita bautizar o campo de fútbol de Carballedo como “Xosé Luís Bouzas...

0
Ernesto Filgueira insta, ademais, a levar a cabo unhas xornadas deportivas e de divulgación sobre a súa traxectoria a prol do deporte e dunha...

O Concello de Ponteareas poda as árbores do centro urbano para previr incidencias e...

0
O Concello de Ponteareas informa que nestes días se realizarán os traballos necesarios para a poda das árbores que embelecen o centro urbano....

O Concello de Nigrán continúa este domingo co ‘I Ciclo de Música Clásica’ co...

0
Tocará acompañada do pianista pontevedrés Severino Ortiz ás 20:00 horas no Auditorio con entrada de balde ata completar aforo A seguinte cita será o 1...

Publicadas as bases do Concurso de Carteis da XXX Festa da Lamprea

0
O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX Festa da Lamprea Seca” que terá...

Os ‘Cafés en Igualdade’ regresan cunha ollada feminista e espazo para o cambio

0
O vindeiro xoves 30 de xaneiro arrancan cinco novas charlas para reflexionar sobre igualdade, coidados e feminismo O novo ano comeza con ollada feminista nunha...

Publicacións Relacionadas