Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O BNG solicita bautizar o campo de fútbol de Carballedo como “Xosé...

O BNG solicita bautizar o campo de fútbol de Carballedo como “Xosé Luís Bouzas Ambroa, ‘O Rubio’”

- Anuncio -

Ernesto Filgueira insta, ademais, a levar a cabo unhas xornadas deportivas e de divulgación sobre a súa traxectoria a prol do deporte e dunha sociedade máis xusta e igualitaria
O BNG, facéndose eco de peticións veciñais e de colectivos vencellados ao deporte, vén de presentar unha moción para denominar como “Xosé Luís Bouzas Ambroa, ‘O Rubio” o pavillón municipal de Carballedo.
‘O Rubio’ foi unha persoa que xerou en vida e continúa a xerar un enorme consenso social,
Xosé Luís Bouzas Ambroa destacou polo fomento do deporte e dos valores deportivos a nivel local. O seu papel foi decisivo na posta en marcha na década dos 90 do primeiro clube de fútbol sala feminino, convertíndose en todo un referente da igualdade real entre homes e mulleres tanto a nível municipal como a nível galego, nunha época onde non era habitual este tipo de iniciativas que apostaban por unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria.
Os equipos de fútbol-sala Deportivo Loureiro FS masculino, creado en 1994 ou o Deportivo Loureiro FS feminino, creado poucos anos despois foron das súas primeiras contribucións no ámbito deportivo, máis non as últimas. A comezos do 2000 fai parte da fundación do equipo feminino “Forno de Barro”, que logo pasará a denominarse “Tenorio Fútbol-Sala Feminino”, único equipo de mulleres do Concello. E a partir de 2008, o Tenorio Fútbol-Sala Masculino.
“O nome de ‘O Rubio’ xera e fomenta a unión veciñal e o seu labor a prol da igualdade, da xustiza, do deporte, e en xeral da sociedade das terras do Canón de Pau fano digno merecedor de ser lembrado como un referente veciñal que traballou arreo polo desenvolvemento social e deportivo de Cerdedo-Cotobade”, afirmou o portavoz do BNG, Ernesto Filgueira.

Desde o BNG propoñemos, pois, que nada mellor para homenaxear a un home fundamental na vida social e deportiva de Cerdedo-Cotobade, que o pavillón de Carballedo pase a denominarse PAVILLÓN XOSÉ LUÍS BOUZAS AMBROA, ‘O RUBIO’, así como que desde o Concello se leven a cabo unhas xornadas deportivas e divulgadoras do traballo e da fonda pegada que deixou o noso veciño na historia local.

Relacionadas

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 24 e 25 de xaneiro levarán a familias de 15 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Bienestar Moaña,...

Teatro, danza, música e humor abren o ano no Teatro Municipal de Tui

0
A nova programación, con seis espectáculos, comeza o venres 31 de xaneiro. As entradas estarán á venda en tui.gal a partir deste venres 24 Teatro,...

O Concello de Ponteareas poda as árbores do centro urbano para previr incidencias e...

0
O Concello de Ponteareas informa que nestes días se realizarán os traballos necesarios para a poda das árbores que embelecen o centro urbano....

O Concello de Nigrán continúa este domingo co ‘I Ciclo de Música Clásica’ co...

0
Tocará acompañada do pianista pontevedrés Severino Ortiz ás 20:00 horas no Auditorio con entrada de balde ata completar aforo A seguinte cita será o 1...

Publicadas as bases do Concurso de Carteis da XXX Festa da Lamprea

0
O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX Festa da Lamprea Seca” que terá...

Os ‘Cafés en Igualdade’ regresan cunha ollada feminista e espazo para o cambio

0
O vindeiro xoves 30 de xaneiro arrancan cinco novas charlas para reflexionar sobre igualdade, coidados e feminismo O novo ano comeza con ollada feminista nunha...

Publicacións Relacionadas