Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer...

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de máis de 120 persoas

- Anuncio -

As estancias programadas este 24 e 25 de xaneiro levarán a familias de 15 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Bienestar Moaña, o Hotel Bahía de Baiona, o Hotel Coia de Vigo, o Hotel Alda do Carril (Vilagarcía) e o Hotel Restaurante Pontiñas de Lalín

A Deputación de Pontevedra programa esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia, que levarán a máis de 120 persoas de 15 concellos da provincia a seis dos 12 establecementos hoteleiros participantes no programa. O obxectivo desta iniciativa é reforzar os lazos familiares nun ambiente de convivencia financiando estancias de fin de semana en establecementos hoteleiros, das que poden gozar familias con menores ao seu cargo e que residan na provincia de Pontevedra.

Deste xeito, 63 persoas dos concellos de Catoira, Lalín, Moaña, Oia, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas e Vigo gozarán dunha estancia no Gran Talaso Hotel Sanxenxo. 21 persoas de Gondomar, Pontevedra, Tomiño e Vigo pasarán a fin de semana no Hotel Bienestar Moaña, mentres que 15 persoas de Pontevedra e Vigo o farán no Hotel Bahía de Baiona.

Tamén participarán 13 persoas de Sanxenxo, Vigo e Vilanova de Arousa cunha estancia no Hotel Restaurante Pontiñas de Lalín, así como outras 8 persoas de Barro, Sanxenxo e Vigo pasarán a fin de semana no Hotel Coia de Vigo. Por último, 3 persoas de Vigo participarán no programa cunha estancia no Hotel Alda do Carril (Vilagarcía de Arousa).

En total, van participar en Lecer en Familia preto de 3.000 persoas de 52 concellos da provincia, que asistirán a 12 estabelecementos entre os que se inclúen spas, balneario, talasos e hoteis tanto de zonas rurais como urbanas. En réxime de media pensión, tamén realizarán actividades socioculturais (cunha ampla variedade a escoller asociada a cada estabelecemento) ou accederán aos circuítos termais dos que dispoñan nas súas instalacións. Ademais de potenciar a calidade de vida das familias, o programa tamén busca impulsar o sector turístico da provincia de Pontevedra.

Das preto de 3.000 prazas, 50 correspóndense cun réxime especial e son subvencionadas ao 100%. As de réxime xeral están subvencionadas con 60 € para maiores de 12 anos, 30 € para nenos de 3 a 12 anos, e ao 100% para menores de 3 anos. As estadías realizaranse en temporada baixa (entre xaneiro e marzo), con estancias dunha noite en fins de semana, períodos non lectivos ou vésperas de festivo.

Relacionadas

O BNG solicita bautizar o campo de fútbol de Carballedo como “Xosé Luís Bouzas...

0
Ernesto Filgueira insta, ademais, a levar a cabo unhas xornadas deportivas e de divulgación sobre a súa traxectoria a prol do deporte e dunha...

Teatro, danza, música e humor abren o ano no Teatro Municipal de Tui

0
A nova programación, con seis espectáculos, comeza o venres 31 de xaneiro. As entradas estarán á venda en tui.gal a partir deste venres 24 Teatro,...

O Concello de Ponteareas poda as árbores do centro urbano para previr incidencias e...

0
O Concello de Ponteareas informa que nestes días se realizarán os traballos necesarios para a poda das árbores que embelecen o centro urbano....

O Concello de Nigrán continúa este domingo co ‘I Ciclo de Música Clásica’ co...

0
Tocará acompañada do pianista pontevedrés Severino Ortiz ás 20:00 horas no Auditorio con entrada de balde ata completar aforo A seguinte cita será o 1...

Publicadas as bases do Concurso de Carteis da XXX Festa da Lamprea

0
O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX Festa da Lamprea Seca” que terá...

Os ‘Cafés en Igualdade’ regresan cunha ollada feminista e espazo para o cambio

0
O vindeiro xoves 30 de xaneiro arrancan cinco novas charlas para reflexionar sobre igualdade, coidados e feminismo O novo ano comeza con ollada feminista nunha...

Publicacións Relacionadas