Home A Coruña A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza...

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Ourense e de Pontevedra

- Anuncio -

― Proseguirán as tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Ordes, Ribadavia, Ourense, Moaña e Cangas

― Ademais, continuarase coas tarefas de acondicionamento nas zonas verdes de glorietas en Moraña

― Estas actuación forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M€ en dous anos

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Ourense e de Pontevedra.

As actuacións na provincia da Coruña continuarán este luns coas tarefas iniciadas esta pasada semana na estrada AC-566, ao seu paso polos concellos de Cedeira, Cerdido e Valdoviño; e tamén continuarán os traballos na estrada AC-413, en Ordes.

No caso da provincia de Ourense, proseguirán as labores de roza e limpeza na estrada OU-801, no se percorrido polo municipio de Ribadavia, e na OU-504 ao seu paso pola cidade de Ourense e ata o alto do Rodicio.

Na provincia de Pontevedra seguirán os traballos de tala e roza na autovía AG-4.6, e en distintos tramos da vía de alta prestacións CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas.

Ademais destas tarefas nas citadas vía autonómicas, proseguirán na provincia de Pontevedra, ademais, as tarefas de acondicionamento nas zonas verdes de glorietas na PO-226, no concello de Moraña.

Seguridade viaria
Todas estas intervencións consisten na limpeza e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, e na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas autonómicas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Estas intervencións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta cun investimento total de 4 M€ para este e o vindeiro ano.

Relacionadas

A Xunta de Goberno dá luz verde á solicitude de investimentos no rural por...

0
O executivo municipal deu o visto e prace á participación do Concello no plan provincial POS+2025 da Deputación da Coruña, que suporá un investimento...

O BNG demanda limitar a práctica da caza en Vigo e avanzar en materia...

0
A fronte nacionalista pide cumprir cos acordos aprobados polo Pleno en decembro de 2022, a iniciativa do propio Bloque, para rematar con todas as...

O carril bus da rúa Curros Enríquez estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

0
O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

A Deputación ultima os días para achegarse no Museo de Pontevedra á exposición “É...

0
O mércores e o venres ás 18:00 horas terán lugar as últimas visitas guiadas a cargo do coleccionista Juan Manuel Alfaya Ocampo Este domingo 9...

O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio Nieto, que...

0
O alcalde, a concelleira de Artes e o artista ourensán asistiron esta mañá á presentación da obra, que estará xunto á Sala Valente até...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Gondomar para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Publicacións Relacionadas