Home Ourense O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio...

O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio Nieto, que pretende sensibilizar a cidadanía acerca dos efectos do cambio climático

- Anuncio -

O alcalde, a concelleira de Artes e o artista ourensán asistiron esta mañá á presentación da obra, que estará xunto á Sala Valente até o 17 de marzo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco e o escultor ourensán Julio Nieto, asistiron esta mañá á presentación de Desxeo, unha instalación de escultura que pretende promover unha reflexión e sensibilizar acerca do cambio climático. A obra foi colocada polo Concello na rúa do Paseo, xunto á Sala Valente, onde permanecerá até o día 17 de marzo.

Cunha altura de 2,70 metros, a escultura ocupa un espazo de 2×4 metros, e suxire o  momento no que un iceberg se fragmenta. Está construída en aceiro inoxidable e, en palabras do seu autor, “nace con vocación de converterse nun faro de nova conciencia. Unha conciencia comprometida coa súa contorna que se esforza en visibilizar o delicado equilibrio dos ecosistemas e a necesidade imperiosa de reflexión e actuación para converter en sostible a nosa presenza no planeta”.  Desxeo conciencia sobre a realidade do cambio climático e convida á reflexión persoal sobre os costumes adquiridos que nos desconectan desta conciencia global. Unha mensaxe dirixida a todo tipo de públicos, polo que se elixiu a rúa como espazo expositivo. Un código QR permite abrir un arquivo no móbil e escoitar o verdadeiro son do derretemento dos glaciares. A escultura foi construída na cidade, o obradoiro de Aceiros Argimiro, na rúa dos Remedios, no barrio do Couto, ao longo do último ano.

Julio Nieto (1964) obtén o seu título de bacharel no Instituto de Iurreta. Fórmase como mestre industrial FP2 e empeza a desenvolver unha formación artística autodidacta. Realiza as primeiras exposicións no País Vasco e aos 22 anos trasládase a Tenerife onde exerce como profesor de cerámica. Alí produciu a maioría das súas obras, mais seguindo sempre moi vencellado á cidade de Ourense. Cunha clara vocación multidisciplinar, desenvolve as súas creacións en distintos campos combinando a poesía coa materia, cunha especial sensibilidade pola escultura ao aire libre. Ten realizado numerosas exposicións en cidades españolas, entre elas unha espectacular no Auditorio de Ourense formada por unha vintena de pezas de aceiro en 2010, e participado en mostras de Arte en España, Alemaña, Francia, Italia e EEUU.

Relacionadas

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, por obras de saneamento...

0
A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, martes, 11 de febrero, de 8.00 a 22.00 horas, pola realización de traballos de...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O Concello adxudicará a través dunha poxa a explotación dunha barra de bar en...

0
O Concello de Ourense adxudicará a través dunha poxa a autorización para instalar e explotar unha barra de bar na Praza de Bispo Cesáreo...

A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a agrupacións...

0
Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou...

Publicacións Relacionadas