Home Ourense O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa...

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas condicións de traballo das empregadas do Servizo de Axuda no Fogar

- Anuncio -

O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

O PP tivo acceso a un informe da Tesourería Xeral da Seguridade Social no que se constatan incumprimentos por parte do Concello de Vilar de Barrio relativos ao descanso semanal das empregadas; á falta de abono dos gastos por desprazamentos entre servizos; ao calendario anual de vacacións; e á falta de abono de pluses por traballar domingos e festivos.

Ante esta situación, os populares alertan que nese mesmo informe a Inspección de Traballo procedeu a formular diversos requerimentos para que no prazo de 60 días o Concello de Vilar de Barrio subsane todos estes incumprimentos.

O portavoz popular, Óscar Seguín Lamela, esixiu no pleno celebrado onte pola tarde que se cumpran eses requerimentos, engadindo que “non entendemos que no pleno meteran dentro da orde do día unha mesa de negociación sobre este asunto, que xa está convocada para este venres, pois o alcalde leva meses mareando a perdiz con este servizo”.

Seguín Lamela incide en que “nós o que esiximos é que se respecten as condicións laborais das traballadoras do SAF e que se lles pague o que se lles debe. Agora que xa hai requerimentos en firme da Inspección de Traballo, o Concello debe deixar de enredar e acatar a lei que ampara ás traballadoras”.

Relacionadas

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O carril bus da rúa Curros Enríquez estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

0
O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio Nieto, que...

0
O alcalde, a concelleira de Artes e o artista ourensán asistiron esta mañá á presentación da obra, que estará xunto á Sala Valente até...

Publicacións Relacionadas