Home Ourense Os senadores ourensáns do PP urxen ao Goberno de Sánchez medidas “efectivas...

Os senadores ourensáns do PP urxen ao Goberno de Sánchez medidas “efectivas e reais” para os autónomos, sector “clave” para o funcionamento da provincia e do conxunto do país

- Anuncio -

Os senadores ourensáns do Partido Popular urxen ao Goberno central que atenda as demandas dos autónomos e emprendedores, con medidas “efectivas e reais” para este importante colectivo que xera riqueza na provincia. Así, os senadores populares Carmen Leyte, Rosa Sánchez Gándara e Francisco José Fernández, mantiveron hoxe na sede provincial do PP un encontro de traballo con David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA) de Ourense. Na reunión, o líder dos autónomos ourensáns trasladoulles aos senadores populares as necesidades principais do sector.

Tralo encontro de traballo, os senadores populares de Ourense esixen ao Goberno de Pedro Sánchez que poña fin aos problemas que “asfixian” aos emprendedores, tal e como veñen alertando dende hai tempo. A incerteza respecto aos prazos e os procedementos para a actualización das cotas e as dificultades para moitos autónomos en cumprir cos novos requisitos de cotización son dúas das grandes problemáticas que trasladan dende o colectivo de autónomos ourensáns. Os populares tamén se fan eco de necesidades como o recoñecemento da figura do autónomo como figura con entidade propia ou lograr maior flexibilidade na contratación.

Este encontro forma parte da rolda de contactos que os senadores ourensáns manteñen con diversos colectivos, vitais e estratéxicos para o crecemento da provincia, como é o caso dos autónomos. Neste sentido, os populares tamén formulan iniciativas en materia de crecemento e relevo xeracional, como parte dun paquete de medidas urxentes ante un colectivo que resulta clave para o funcionamento da provincia e do conxunto do país.

“Os autónomos séntense esquecidos por este Goberno, coa súa falta de inactividade e empatía”, valoran os senadores ourensáns.

Relacionadas

Novas Xeracións do PP de Ourense impulsa o seu programa ‘Escoitando para Medrar’ na...

0
·        O presidente provincial popular, Luis Menor, afirma que incorporar á mocidade á política serve “para fortalecer a estrutura do partido, ampliar a súa base...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reúnese co embaixador de China en España...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo hoxe un encontro en Madrid co embaixador de China en España, Yao Jing, co obxectivo de...

A Deputación reafirma o compromiso de colaboración coa Xunta na dotación de16 brigadas a...

0
A institución ourensá e o goberno autonómico avanzan no desenvolvemento deste programa piloto, cunha reunión na delegación territorial da Xunta en Ourense A iniciativa inclúese...

O Concello e Avanza introducen cambios nas liñas 14 e 22 do servizo de...

0
O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Avanza introducen cambios en servizos para mellorar a calidade e a puntualidade de dúas das principais...

A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento de cooperación...

0
Esta instalación pioneira, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, é un espazo con referencias visuais e sonoras aos...

A Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo con preto...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor o labor deste colectivo, logo de repasar coa directiva toda a súa actividade, sinalando que a...

Publicacións Relacionadas