Home Ourense A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 47 asuntos na súa...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 47 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 47 acordos na  sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos. Entres eles, 23 expedientes da Avogacía Consistorial, 5 de Licenzas, 1 de Aperturas, 10 de Patrimonio,  1 de Contratación, 4 de Infraestruturas, 1 de Medio Ambiente, 1 de Transportes e 1 de Artes e Festexos

Licenzas (5). Conceder 3 licenzas urbanísticas de obra: para a instalación de ascensores en 2 edificios de vivendas nas rúas Vázquez Núñez e As Camelias, e para o proxecto modificado de reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa da Costa, A Lonia. Tamén acordou conceder a primeira ocupación por legalización de usos das vivendas unifamiliares acantoadas na rúa Alfredo Brañas e denegar unha solicitude de licenza urbanística para a segregación e simultánea agrupación de parcelas en Valdorregueiro.

Aperturas (1).  Desestimar un recurso de reposición contra o acordo número 11 da Xunta de Goberno Local do 28 de decembro de 2023, polo cal se concedeu a licenza urbanística de obra e instalación de establecemento adicado á actividade de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos en réxime de autoservizo na rúa Canizo da estrada OU-105, Seixalbo.

Patrimonio (10). Tomar coñecemento da resolución nº 24/2025, do 12 de febreiro de 2025, do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se estiman 2 recursos contra o anuncio, os pregos e a memoria xustificativa, e se anula o acto de aprobación do expediente de contratación do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello. A Xunta Local acordou non recorrer a resolución e ordenar a elaboración dun novo expediente de contratación do servizo, corrixindo os erros ou omisións que levaron á anulación do expediente precedente.

Outros acordos aprobados foron recoñecer 3 obrigas: 1 a favor do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1, outra a favor dun particular e da súa compañía aseguradora e outra a favor dunha particular.  Tamén se aprobou requirir 3 aseguradoras para que paguen ao Concello indemnizacións polos danos causados por vehículos nun bolardo na rúa Ramón Abellás, nunha tapa de rexistro na praza Bispo Cesáreo e nun farol na avenida Otero Pedrayo

Na mesma sesión, a xunta local acordou recoñecer 2 obrigas a favor de particulares pola ocupación dun local; desestimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización, e non admitir a trámite un recurso contra un acordo dunha sesión anterior.

Infraestruturas (4). Recoñecer dúas obrigas a favor da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, outra a favor do Xulgado Contencioso-Administrativo n.º 1 e outra a favor do número 2

Medio Ambiente (1). Recoñecer unha obriga a favor da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Artes e Festexos (1). Recoñecer unha obriga a favor dunha empresa, en cumprimento dunha sentenza do xulgado do contencioso, número 2.

Transportes (1). Prorrogar até o día 30 de xuño os descontos actualmente vixentes no servizo de autobuses urbanos. Con este acordo, o prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcentaxe de bonificación do 51,16%). Os demais abonos non se rebaixan porque xa están bonificados ao 100%.  Esta rebaixa dos prezos será co-financiada polo Concello e o Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, no marco das axudas aprobadas polo goberno español con esta finalidade.

A Xunta de Goberno Local xa aprobara este acordo no mes de decembro, polo que os descontos seguen aplicándose no servizo municipal. Porén, é necesario aprobalo de novo para adaptar a medida ao novo decreto aprobado polo goberno de España con esta finalidade.

Avogacía Consistorial (23). A Xunta de Goberno Local deu conta de seis sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, 2 sentenzas do Xulgado do Penal número 2, 1 do Penal número 1, 1 decreto do Contencioso número 1, e 1 expediente para reclamar ante a xurisdición civil unha indemnización ao Concello polos danos ocasionados por un vehículo na rúa Nosa Señora da Saínza. Tamén se dará conta de que o Concello comparecerá en 8 procedementos diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, e en 2 dilixencias previas ante os xulgados de Instrución número 1 e número 3.

Relacionadas

Novas Xeracións do PP de Ourense impulsa o seu programa ‘Escoitando para Medrar’ na...

0
·        O presidente provincial popular, Luis Menor, afirma que incorporar á mocidade á política serve “para fortalecer a estrutura do partido, ampliar a súa base...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reúnese co embaixador de China en España...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo hoxe un encontro en Madrid co embaixador de China en España, Yao Jing, co obxectivo de...

A Deputación reafirma o compromiso de colaboración coa Xunta na dotación de16 brigadas a...

0
A institución ourensá e o goberno autonómico avanzan no desenvolvemento deste programa piloto, cunha reunión na delegación territorial da Xunta en Ourense A iniciativa inclúese...

O Concello e Avanza introducen cambios nas liñas 14 e 22 do servizo de...

0
O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Avanza introducen cambios en servizos para mellorar a calidade e a puntualidade de dúas das principais...

A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento de cooperación...

0
Esta instalación pioneira, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, é un espazo con referencias visuais e sonoras aos...

A Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo con preto...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor o labor deste colectivo, logo de repasar coa directiva toda a súa actividade, sinalando que a...

Publicacións Relacionadas