Home Ourense Novas Xeracións do PP de Ourense impulsa o seu programa 'Escoitando para...

Novas Xeracións do PP de Ourense impulsa o seu programa ‘Escoitando para Medrar’ na Baixa Limia e Terras de Celanova

- Anuncio -

·        O presidente provincial popular, Luis Menor, afirma que incorporar á mocidade á política serve “para fortalecer a estrutura do partido, ampliar a súa base e garantir o seu futuro”, obxectivo no que Novas Xeracións xoga un papel esencial 

·        O presidente da organización xuvenil, Ignacio Campo, sinalou que “o noso compromiso é claro: escoitar aos mozos e traballar en solucións reais que melloren o seu futuro en Ourense”

A mocidade da organización xuvenil Novas Xeracións do Partido Popular nas comarcas da Baixa Limia e Terras de Celanova celebraron esta tarde senllas reunións de traballo no marco do programa “Escoitando para Medrar”, unha iniciativa que busca achegar a política á mocidade ourensá e recoller as súas inquedanzas para trasladalas ás institucións.

Muíños e Celanova foron o escenario de ambas xuntanzas, que contaron cunha destacada presenza de mozas e mozos de ambas comarcas, encontros  nos que participou o presidente do PP de Ourense, Luis Menor, o presidente provincial de Novas Xeracións, Ignacio Campo, e os alcaldes dos municipios das dúas zonas.

Luis Menor puxo en valor a participación da mocidade na vida política, subliñando que encontros deste tipo “serven para intercambiar ideas sobre como atraer á xuventude a este ámbito da sociedade”. Incorporar á mocidade á política, afirmou, tamén serve “para fortalecer a estrutura do partido, ampliar a súa base e garantir o seu futuro”, obxectivo no que Novas Xeracións xoga un papel esencial e, para elo, “ten que marcar un claro roteiro”.

En nome de Novas Xeracións, Ignacio Campo sinalou que “o noso compromiso é claro: escoitar aos mozos e traballar en solucións reais que melloren o seu futuro en Ourense”. A organización xuvenil, apuntou, “ten que aspirar a ser un axente de cambio e progreso para a sociedade”.

Con estas reunións, Novas Xeracións de Ourense segue fortalecendo a súa presenza no territorio, apostando por unha política próxima e participativa que permita construír un futuro mellor para a mocidade da provincia.

Relacionadas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reúnese co embaixador de China en España...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo hoxe un encontro en Madrid co embaixador de China en España, Yao Jing, co obxectivo de...

A Deputación reafirma o compromiso de colaboración coa Xunta na dotación de16 brigadas a...

0
A institución ourensá e o goberno autonómico avanzan no desenvolvemento deste programa piloto, cunha reunión na delegación territorial da Xunta en Ourense A iniciativa inclúese...

O Concello e Avanza introducen cambios nas liñas 14 e 22 do servizo de...

0
O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Avanza introducen cambios en servizos para mellorar a calidade e a puntualidade de dúas das principais...

A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento de cooperación...

0
Esta instalación pioneira, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, é un espazo con referencias visuais e sonoras aos...

A Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo con preto...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor o labor deste colectivo, logo de repasar coa directiva toda a súa actividade, sinalando que a...

Recepción no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas, encabezado polo seu portavoz, Enrique...

Publicacións Relacionadas