HomeXunta de GaliciaRomán Rodríguez gaba o labor que os docentes a prol dun ensino...

Román Rodríguez gaba o labor que os docentes a prol dun ensino máis inclusivo, que a Xunta reforzará cunha nova estratexia neste eido que se está ultimando

- Anuncio -spot_img
  • Subliña a “prioridade” do Goberno galego para seguir avanzando no sistema educativo galego líder en equidade e inclusión a nivel estatal
  • A nova Estratexia de inclusión educativa de Galicia será a folla de ruta dos vindeiros anos para a actualización de accións xa en marcha e a implementación doutras novas

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, recoñece o labor que os docentes e os equipos directivos realizan no día a día nas aulas a prol dun ensino máis inclusivo, unha cuestión “prioritaria” para o Goberno galego que se vai reforzar cunha nova estratexia neste eido que se está ultimando logo da posta en común e o diálogo co conxunto de actores da comunidade educativa.

Así o sinalou esta mañá no acto de recoñecemento a 18 centros educativos polas súas boas prácticas no eido da inclusión e da convivencia escolar nos Premios de boas prácticas de inclusión educativa, ConVivimos e Tolerancia cero contra o acoso escolar, no que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. O obxectivo destes galardóns, impulsados pola Consellería de Educación, é fomentar a participación do alumnado en actividades que promovan o respecto polo dereitos humanos, a atención á diversidade, a convivencia e o bo clima nas aulas e o benestar emocional, e que estes proxectos sirvan de exemplo para o conxunto da comunidade educativa.

Segundo asegurou o conselleiro, a Estratexia de inclusión educativa de Galicia, que se presentará en breve, será a folla de ruta que se despregará a partir do vindeiro curso coa implementación de novas accións de inclusión e o reforzo das xa en marcha como estes galardóns que formarán parte dela.

Se ben é certo que o sistema educativo galego se sitúa como o máis inclusivo e equitativo do Estado, o conselleiro avoga por seguir avanzando “con paso firme” neste eido e para iso demanda a implicación do conxunto da sociedade e, especialmente, do alumnado e do profesorado dos centros educativos, aos que felicitou polo compromiso demostrado día a día.

Listado de centros galardoados

Premio de boas prácticas de educación inclusiva 2024
Centros premiados
Categoría A
LocalidadeProvinciaCategoría do premioNome do centro
CambreA Coruña1º premioCEIP Plurilingüe Graxal
Salvaterra         do MiñoPontevedra2º premioCEIP Plurilingüe de Leirado
TuiPontevedra3º premioCEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui
LobiosOurenseMención de honraCEIP Plurilingüe do Xurés
Categoría B 
LocalidadeProvinciaCategoría do premioNome do centro
A LamaPontevedra1º premioEPAPU Nelson Mandela
BurelaLugo2º premioIES Perdouro
VigoPontevedra3º premioIES Valadares
Viana do BoloOurenseMención de honraIES Carlos Casares
II Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional
Centros premiados
Categoría A
LocalidadeProvinciaCategoría do premioNome do centro
VilaboaPontevedra1º premioCEP Plurilingüe de Riomaior
BurelaLugo2º premioCEIP Plurilingüe Virxe do Carme
A EstradaPontevedra3º premioCEIP do Foxo
A Pobra do CaramiñalA CoruñaMención de honraCEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra
Categoría B 
LocalidadeProvinciaCategoría do premioNome do centro
OurenseOurense1º premioCIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
PoioPontevedra2º premioIES de Poio
GondomarPontevedra3º premioIES Auga da Laxe
CambreA CoruñaMención de honraIES David Buján
Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024
Centros premiados
Categoría A
LocalidadeProvinciaCategoría do premioNome do centro
MosPontevedra1º premioCEIP Mestre Martínez Alonso
RianxoA Coruña2º premioCEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
Santiago de CompostelaA Coruña3º premioCEIP P. Cardeal Quiroga Palacios
CurtisA CoruñaMención de honraCEIP de Teixeiro
Categoría B 
LocalidadeProvinciaCategoría do premioNome do centro
Santiago        de CompostelaA Coruña1º premioIES Arcebispo Xelmírez I
VerínOurense2º premioIES Xesús Taboada Chivite
Vilagarcía de ArousaPontevedra3º premioIES Armando Cotarelo Valedor
TeoA CoruñaMención de honraIES de Cacheiras

Publicacións Relacionadas