HomeO MorrazoCangasA Deputación de Pontevedra desenvolve un intenso plan de posta a punto...

A Deputación de Pontevedra desenvolve un intenso plan de posta a punto dos accesos a O Hío e ás praias de Nerga e Menduíña, en Cangas do Morrazo

- Anuncio -spot_img

Están xa executados os traballos de desbroce, limpeza e repintado de liñas nas estradas provinciais EP-1006 O Hío-Donón e na EP-1007 acceso a praia de Nerga

Na estrada EP-1008 O Hío-Vilanova están rematados os traballos de desbroce e realizaranse tarefas de limpeza e repintado de liñas e na estrada EP-1009 de acceso a Menduíña está previsto tamén desenvolver antes do 21 de xuño estas tarefas

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver un intenso traballo de desbroce, limpeza e repintado de catro estradas provinciais no Concello de Cangas do Morrazo para mantelas en axeitadas condicións de seguridade antes da temporada estival. Trátanse de traballos de conservación ordinaria nas estradas provinciais EP-1006 O  Hío-Donón, EP-1007 Acceso a praia de Nerga, EP-1008 O Hío-Vilanova e na EP-1009 Acceso a Menduiña.

No que respecta ás tarefas de desbroce, actuouse xa nas estradas provinciais EP-1006 O Hío-Donón, EP-1007 Acceso a praia de Nerga e na EP-1008 O Hío-Vilanova. Esta semana está previsto rematar con esta mesma actuación na estrada provincial EP-1009 Acceso a Menduiña.

Pola súa banda, tamén se están a desenvolver labores de limpeza e repintado de liñas na estrada provincial EP-1006 Hío-Donón e na EP-1008 Hío Vilanova. Ademais está previsto que antes do 21 de xuño estean rematadas estas mesmas tarefas nas estradas provinciais EP-1008 O Hío-Vilanova e na EP-1009 Acceso a Menduíña.

As actuacións de conservación ordinaria previa á temporada estival previstas nas estradas provinciais de Cangas do Morrazo completaranse coa instalación do punto quilométrico 3+000 da estrada provincial EP-1006 O Hío-Donón, tan pronto sexa subministrado á Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas