HomeO MorrazoBueuUn grupo de mozos e mozas do IES Illa de Ons reivindican...

Un grupo de mozos e mozas do IES Illa de Ons reivindican máis protagonismo nunha performance

- Anuncio -spot_img
  • Este xoves tivo lugar na Praza do Concello unha acción de mobilización social na que a mocidade reclama unha maior visibilidade e espazos na sociedade

A Praza do Concello de Bueu foi o escenario este xoves ao mediodía dunha impresionante performance interpretada por un grupo de mozas e mozos do IES Illa de Ons que reivindican máis espazos para a xuventude. Esta acción de mobilización social incluíu música e xogos a través dos que buscan reclamar o seu protagonismo na sociedade, rematando coa lectura dun manifesto no que estiveron presentes temáticas como a ampliación dos espazos para a mocidade, o acceso digno á vivenda e ao emprego, e a mellora de cuestións como o transporte nos núcleos de poboación rurais.

A acción insírese no marco do proxecto da Red Compás, unha actividade promovida pola ONG Agareso e financiada pola Unión Europea. Segundo explicaron nas reunións previas mantidas co alcalde e coa concelleira de cultura e mocidade, esta idea xestouse a raíz dun encontro xuvenil de once mozos e mozas bueuesa con outras persoas doutros centros de Galicia, onde puxeron en común as necesidades de cada localidade e as propostas que consideran clave como grupo.

Na performance foi protagonista a reivindicación arredor da Casa da Mocidade, para a que o Concello vai adquirir a Antiga Cámara Agraria situada na rúa Pazos Fontenla. Xa nas reunións previas, e tamén como quedou hoxe de manifesto, expresaron as necesidades de contar con espazos como sala de música e teatro, paredes para murais ou arte urbana, sala multiusos para obradoiros ou charlas, zona de encontro e lecer con xogos de mesa ou merendeiro, horta urbana ou espazo verde exterior.

Publicacións Relacionadas