Participarán convidados como Reinier Powell, Elvia Gago, Vladimir Stuzhinskiy, Lara Alonso, Asociación de Teatro Arco da vella e Abadá-Capoeira.
O próximo día 28 de xuño en colaboracion co Concello de Baiona, terá lugar ás 19.30 horas no auditorio V Centenario de Baiona a 6ª edición de Varietés, o festival de danza con acceso gratuíto que ten como obxectivo mostrar distintas danzas do mundo.
Un evento que quere ser referente na comarca do Val Miñor, mostrando este ano danza Moderna, Break, Capoeira, Hip Hop, Danza cubana ou Jazz.
Organizado polo baionés Estudo HuslingDance que dirixe a profesora cubana de danza Pilar Husling, a idea que perdura nesta 6º edición é reunir a persoas afeccionadas á danza con artistas profesionais nun mesmo escenario.
Nesta cita uniranse algunhas das formacións deste estudo de danza con artistas convidados da talla de Reinier Powell (Cuba), Elvia Gago (España), Vladimir Stuzhinskiy (Rusia), Lara Alonso (España), Teatro Arco da vella (España) ou Gunga e Abadá-Capoeira Galicia (Brasil).