HomePontevedraA ParadantaCovelo despide con emoción a Concepción Val Cousiño, a súa veciña máis...

Covelo despide con emoción a Concepción Val Cousiño, a súa veciña máis lonxeva

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo comunica con profunda tristura o pasamento de Concepción Val Cousiño, veciña da parroquia de Maceira, quen finou onte, 25 de xuño de 2025, aos 109 anos de idade, converténdose na veciña máis lonxeva da historia recente do municipio e unha das máis maiores de Galicia e de España.

Hoxe, mércores 26 de xuño, ás 18:00 h, será despedida na súa querida parroquia de Maceira, acompañada pola súa familia, amizades e toda a veciñanza que tanto a quería.

Desde a Corporación Municipal de Covelo queremos expresar publicamente o noso máis sentido pésame e unha gratitude inmensa pola acollida afectuosa que a familia de Concha brindou sempre ao Concello durante todos estes anos. Foi unha honra poder celebrar xunto a ela os seus últimos aniversarios, compartindo momentos cheos de tenrura e admiración pola súa vitalidade.

Concha levaba a súa lonxevidade con ledicia, cunha lucidez sorprendente e un sorriso sempre preparado para quen se achegaba a visitala.

Celebrámola en vida, e recordaremos sempre a súa historia e a converteron nun símbolo da esperanza e da historia viva da Paradanta.

Ata sempre, Concha. O Concello de Covelo non poderá celebrar contigo outro aniversario, pero levarémoste sempre no corazón. Grazas por tanto, grazas por todo.

Publicacións Relacionadas