HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación cooperará co desenvolvemento da asociación Novo Rural para potenciar o...

A Deputación cooperará co desenvolvemento da asociación Novo Rural para potenciar o turismo nas comarcas do Ribeiro e Carballiño

- Anuncio -spot_img

Luis Menor puxo en valor o relevo xeracional desta entifdade que aglutina a unha trintena de profesionais de aloxamentos rurais

As representantes da entidade valoraron como “moi satisfactoria” a reunión de traballo no Pazo Provincial, onde explicaron a necesidade de potenciar produtos turísticos para a tempada baixa

O presidente provincial, Luis Menor, comprometeuse a impulsar a asociación Novo Rural de O Carballiño e O Ribeiro, formada por unha trintena de profesionais do sector dos aloxamentos turísticos nas dúas comarcas citadas. Este compromiso ratificouse durante o encontro no Pazo Provincial coa presidenta e secretaria da entidade, Elena García e Inma Rúa, no marco dos encontros de traballo que o presidente da Deputación mantén con sectores clave para a provincia.

Luis Menor puxo en valor o talento mozo e o relevo xeracional desta asociación, xa que maioritariamente está formada por profesionais novos que revitalizan o sector. Tras escoitar as demandas da asociación, que busca principalmente reforzar a oferta de produtos turísticos durante a tempada baixa, o presidente provincial puxo en valor as “potencialidades turísticas” e os valores “específicos e atractivos” das dúas comarcas, citando os paisaxísticos, gastronómicos, culturais e naturais. “Por iso, imos colaborar con ese desenvolvemento, para a Deputación o turismo é un sector estratéxico”, sinalou.

Pola súa banda, as representantes de Novo Rural valoraron como “moi satisfactoria” a reunión no Pazo Provincial e puxeron en valor a “ilusión” dos que se achegan a coñecer o proxecto e os valores desta asociación.

Publicacións Relacionadas