HomeA CoruñaA CoruñaMonte Martelo celebra catro xornadas de festas con música, xogos para todas...

Monte Martelo celebra catro xornadas de festas con música, xogos para todas as ideades e gastronomía

- Anuncio -spot_img

As festas terán lugar na praza de Agustín Díaz entre o xoves 3 e o luns 7 de xullo

As festas nos barrios da Coruña este mes de xullo con festexos en Monte Martelo, entre este xoves 3 e o luns 7 de xullo. As festas son financiadas polo Concello a través do plan de apoio ás entidades veciñais para a celebración das súas festas patronais. Dita liña de subvencións conta cun orzamento total de 500.000 euros para todas as celebracións tradicionais dos barrios. “Desde o Goberno de Inés Rey temos democratizado este ano o proceso para que os diferentes barrios celebren as súas festas, dándolle ás asociacións unha maior autonomía para que confeccionen os programas”, indica Gonzalo Castro.

As festas de Monte Martelo celebraranse na praza de Agustín Díaz, onde haberá mercadillo, atraccións e postos de venda de comida. Os festexos comezarán este xoves coa mostra da Escola Triatlón Coruña ás 17.00 horas. Ás 19.00 actuará a banda de gaiteiros do Birloque e ás 20.30 será a quenda da orquestra Solara. O venres ás 17.00 haberá unha mostra do Club Halterofilia Coruña, ás 20.00 será a quenda de DJ Javito e ás 22.00 horas actuará o grupo Takicardia.

O sábado haberá actividades desde ás 12.00 horas e sesión vermú e verbena (22.30 horas) a cargo do grupo Bamboleo. Pola tarde, ademais, haberá unha mostra de jiu jitsu ás 17.00.
Tamén actuará o grupo The Homeless ás 18.00. O domingo a música poñeraa a orquestra Alabama, tanto na sesión vermú como pola tarde (18.00 horas). Tamén haberá unha exhibición de capoeira ás 17.00. O luns será o día do neno, con descontos nas atraccións.

Ademais, haberá unha actuación de maxia ás 12.00 horas, o concerto de Cuarentuna ás 14.00 e unha exhibición de Galicia Rollers ás 16.00. ÁS 18.00 pechará as festas o dúo Fusión Perfecta.

Publicacións Relacionadas