HomePontevedraComezan as obras do arranxo integral do peche exterior do campo municipal...

Comezan as obras do arranxo integral do peche exterior do campo municipal de fútbol Graciano Padín

- Anuncio -spot_img

O alcalde Manu Lourenzo, sinalou que estes traballos, para os que o Goberno local destina máis de 120.000 euros, súmanse a outras importantes actuacións que se levaron e se van levar a cabo en todas as instalacións deportivas municipais.

O Goberno de Soutomaior iniciou este luns as obras no campo municipal de fútbol Graciano Padín para o arranxo integral do peche exterior. Así, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, achegáronse hoxe ata o campo para coñecer os primeiros avances destes traballos, xa visibles ao terse retirado o anterior muro de peche, que  presentaba un avanzado estado de deterioro desde hai lustros.

Manu Lourenzo subliñou que esta actuación, na que tamén se repoñerán as redes protectoras e o actual sistema de rego, pasará a ser un recinto deportivo do século XXI, poñéndose á altura doutras instalacións deportivas municipais nas que tamén se están a realizar importantes actuacións”. Neste sentido, o alcalde de Soutomaior destacou o importante esforzo económico que está a levar a cabo o Goberno local desde comezo de mandato para realizar actuacións de calado nas instalacións deportivas municipais do Concello.

No caso concreto do arranxo do peche exterior do campo Graciano Padín, Soutomaior destinará máis de 120.000 euros a esta actuación, ao abeiro dos fondos extraordinarios do Plan Especial de Infraestruturas Deportivas da Deputación Provincial.

Unha vez comezadas as obras, que están a ser levadas a cabo pola empresa Caldevergazo, está previsto que estas rematen nas vindeiras semanas, coa vista posta en que de cara ao comezo da proxima tempada a rapazada que fai uso do campo poida desfrutar dunhas instalacións deportivas de alto nivel.

O alcalde Manu Lourenzo agradeceu o esforzo conxunto do equipo de Goberno e das funcionarias municipais “para que hoxe Soutomaior sexa un concello no que se inviste máis ca nunca en obras e proxectos. Isto é posible grazas a ese traballo incansable que fai que en tan só a primeira metade do ano se pulverizasen todos os indicadores económicos municipais e que Soutomaior acadase máis de 2,5 millóns de euros en subvencións e achegas doutras administracións”.

“Este modelo de xestión económica que ten como principais liñas mestras a prudencia, o control de gastos superfluos e sobre todo a busca de financiamento externo é a que nos permite levar a cabo investimentos tan importantes coma este e outros moitos que se fixeron e se van facer. Por suposto, imos seguir nesta liña de traballo porque é indubidablemente benefeciosa para a nosa veciñanza”, concluíu o alcalde Manu Lourenzo.

Publicacións Relacionadas