HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece unha excursión o sábado 12 dde xullo...

O concello de Nigrán ofrece unha excursión o sábado 12 dde xullo ao parque acuático de Amarante

- Anuncio -spot_img

A inscrición e o pago debe facerse na Oficina de Atención Cidadá do Concello entre o 9 e 10 de xullo de 9:00 a 13:00 horas, tendo prioridade as persoas empadroadas no municipio

O Concello de Nigrán ofrece o sábado 12 de xullo unha excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal) con saída desde o Concello ás 10:00 horas e chegada ás 22:00 horas.

Os interesados terán de prazo o martes e mércores 9 e 10 de xullo para inscribirse na Oficina de Atención Cidadá do Concello (de 9:00 a 13:00 h), onde terán que abonar mediante tarxeta a entrada ao recinto, sendo 20,70 € por adulto e crianzas de 4 a 10 anos 13,50 € (menores de 4 anos gratis). As prazas repartiranse por rigorosa orde de inscrición e terán prioridade as persoas empadroadas no municipio.

O prezo inclúe a viaxe en autobús e a entrada ao Aquapark (non está incluída a comida pero pode levarse da casa e empregar a zona de picnic, sen embargo, non se permite entrar ao parque acuático con accesorios de praia, envases de vidro nen cubertos de metal).

O parque acuático de Amarante está situado a 60 km do Porto e conta con tres impresionantes tobogáns, varias piscinas de diferente tipo, pistas rápidas e zona de solarium. 

Publicacións Relacionadas