HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA sede de Vigo da Deputación acolle a presentación da I Velada...

A sede de Vigo da Deputación acolle a presentación da I Velada “Noite de Guerreiras” de boxeo feminino

- Anuncio -spot_img

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu este mércores a presentación da I Velada “Noite de Guerreiras” do boxeo feminino. A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, acompañada da deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e a directora de Deportes da Deputación, Xisela Aranda, participación na presentación deste evento que se celebrará este sábado 5 de xullo no ximnasio La Vieja Escuela de Vigo e que conta co apoio da institución provincial.

A vicepresidenta provincial lembrou que “o deporte é unha área estratéxica para o noso goberno”, co obxectivo de “converter esta provincia no grande estadio deportivo do mundo” e prestando unha especial atención ao deporte feminino. Nos dous anos de goberno a Deputación investiu preto de 15,2 millóns na súa área de Deportes, aos que se suman outros 12 millóns do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas