HomePontevedraO Concello oponse á decisión do Porto de Vigo de almacenar colectores...

O Concello oponse á decisión do Porto de Vigo de almacenar colectores no cargadoiro de Rande

- Anuncio -spot_img

– A alcaldesa, Digna Rivas, advirte que tanto o goberno local como a veciñanza manifestaron sempre a súa oposición ao almacén de colectores polo impacto negativo que tería para o territorio e a cidadanía”. A rexedora lembra que toda a zona está incluída nun espazo de especial protección da UE dentro da Rede Natura.

– Rivas advirte que, malia que Carlos Botana anunciou que se trata  dunha autorización temporal pola saturación do porto vigués, “todo fai pensar que esta situación se prolongará en Rande e que mesmo empeorará nos vindeiros meses, xa que a previsión é que no segundo semestre do ano a saturación en Guixar vaia aínda a máis”.

O Concello de Redondela oponse rotundamente ao traslado de colectores ao cargadoiro de Rande que acaba de anunciar o Porto de Vigo. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, manifestou o seu total rexeitamento a esta decisión da Autoridade Portuaria, e lembra que toda esa zona do litoral conta cun réxime especial de protección ambiental da UE ao estar incluída na Rede 2000. A rexedora advirte que, malia que o presidente do Porto, Carlos Botana, anunciou que se trata  dunha autorización “temporal” nun momento de “saturación” do porto vigués, “todo fai pensar que esta situación se prolongará en Rande e que mesmo empeorará nos vindeiros meses, xa que a previsión é que no segundo semestre do ano a saturación en Guixar vaia aínda a máis”.

Na primeira xuntanza que a alcaldesa mantivo con Botana, hai un ano, Rivas xa deixou clara esta posición do Concello de Redondela e trasladoulle ao presidente que tanto o goberno local como a veciñanza “opoñémonos frontalmente á intención do Porto de manter o antigo cargadoiro como depósito de contedores”. O futuro da explanada de Duchess foi un dos asuntos que a alcaldesa abordou co presidente, e advertiulle xa que o Goberno redondelán “amosou sempre a súa oposición ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande dende a N-552 polo impacto negativo que tería para o territorio e a veciñanza”. A rexedora explicou que neste terreo de dominio público portuario “atópase o cargadeiro de mineral de Coto Wagner que está incluído no catálogo patrimonial nunha contorna protexida”. No PXOM de Redondela, que está en tramitación, “amplíase esa contorna incluíndo a parcela de Duchess para poñer en valor a zona incluída no espazo protexido Rede Natura”, puntualizou Rivas.

Publicacións Relacionadas