HomeVigoMosO deputado de Acción Comunitaria Javier Tourís visita Mos para coñecer os...

O deputado de Acción Comunitaria Javier Tourís visita Mos para coñecer os proxectos veciñais impulsados co apoio da Deputación

- Anuncio -spot_img

O deputado de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís Romero, visitou este martes o Concello de Mos para coñecer de preto os proxectos desenvolvidos por diversas asociacións veciñais do municipio ao abeiro das subvencións do Plan Provincia Comunitaria concedidas en 2024.

Acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pola conselleira Julia Loureiro, e por representantes das entidades beneficiarias, Tourís percorreu os locais das asociacións e interesouse polos traballos realizados, que inclúen melloras en infraestruturas, adquisición de equipamento e actuacións de mantemento. Tamén estiveron nas visitas os concelleiros Evaristo Ucha, José Ramilo, Camilo Grandal, Laura Méndez e Sara Cebreiro.

As entidades visitadas e as acción levadas a cabo en cada unha delas foron:

Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville – Acondicionamento da aula de talleres (1ª fase).

Asociación de Veciños Celado – Renovación e mellora da climatización.

Asociación Veciñal Cultural Ledicia – Adquisición de equipamentos.

Asociación de Veciños San Mamede de Torroso – Mellora no edificio da asociación.

Asociación de Veciños de Santa Ana de Veigadaña – Mellora das instalacións e equipamento.

Asociación de Veciños Santa Baia – Arranxos de mantemento do local social.

En total, repartíronse preto de 10.000 euros a cada unha das seis asociacións mosenses dentro do Plan Provincia Comunitaria, que busca dinamizar o asociacionismo veciñal e mellorar a calidade de vida no ámbito local.

A alcaldesa Nidia Arévalo agradeceu a implicación da Deputación de Pontevedra e destacou “a importancia destas axudas para reforzar o traballo que desenvolven as asociacións veciñais, auténtico motor da vida comunitaria de Mos”.

Publicacións Relacionadas