HomePontevedraA ParadantaA Xunta realiza obra para a creación dun itinerario peonil na PO-400

A Xunta realiza obra para a creación dun itinerario peonil na PO-400

- Anuncio -spot_img
  • Comezan as obras dunha senda na PO-400 que unirá, nun itinerario peonil, a rúa Vázquez Estévez á rotonda de entrada a Arbo.
  • Os traballos comezaron esta semana e contan cun orzamento de máis de 47.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaba a semana pasada, acompañado do alcalde de Arbo, Horacio Gil, as obras da execución dun itinerario peonil na PO-400.

A obra, que deu comezo a semana pasada e que conta cun orzamento de máis de 47.000 euros, consiste na construción dunha senda peonil que ocupará desde o PQ 18+360 ata o PQ 18+480. Desta forma dáse continuidade á recente humanización da rúa entre Vázquez Estévez e a PO-400, mellorando a seguridade dos veciños e veciñas que cada día pasan por este espazo e conectando o itinerario peonil ata a rotonda de entrada ao concello de Arbo.

Así, os traballos implican a limpeza, e nivelación do espazo onde se construirá a senda, así como a sinalización da recolocación vertical existente. Ademais, colocaranse sumidoiros a intervalos de 15 metros ao longo da beirarrúa para recoller a auga de choiva e conectalos ao tubo de PVC enterrado baixo a superficie da beirarrúa para permitir a drenaxe eficiente da auga cara ao punto de saída do sistema de drenaxe pluvial.

O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor “o traballo que se está levando a cabo desde a Xunta para fomentar uns desprazamentos sostibles e seguros en toda a provincia, coa construción de moitos quilómetros de senllas peonís que xa supoñen un antes e un despois para a mobilidade de moitos veciños e veciñas”.

Publicacións Relacionadas