Este xoves 3 de xullo a Praza da Mina acolle un obradoiro de monicreques con calcetín de balde. Ás 19.30 horas
A maxia dos monicreques volverá encher de risas e creatividade a Praza da Mina este xoves 3 de xullo, ás 19.30 horas, coa celebración dun obradoiro gratuíto de títeres con calcetín dirixido a nenos e nenas acompañados dunha persoa adulta.
No marco do programa #Pequeverán, as 40 prazas dispoñibles están abertas para todos aqueles pequenos e pequenas artistas que queiran descubrir o mundo do teatro de monicreques, construíndo o seu propio títere para levar para casa como recordo dunha tarde máxica.
Dende o Concello de Tomiño animan a toda a veciñanza a participar neste taller, que promete ser unha experiencia divertida, na que a fantasía e a aprendizaxe camiñan da man para crear historias cheas de aventuras e ilusións.