HomeDeputaciónsDeputación OurenseO Grupo Castro Floxo da Escola Provincial de Danza participa no 70...

O Grupo Castro Floxo da Escola Provincial de Danza participa no 70 Festival de Folclore de Eslovaquia ante 40.000 visitantes

- Anuncio -spot_img

A representación ourensá actúa para difundir a cultura tradicional galega e dar a coñecer a provincia

O grupo Castro Floxo da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense participa esta semana na 70ª edición do Festival de Folclore de Východná – Eslovaquia, atendendo así á invitación recibida a través da sección eslovaca de CIOFF (Confederación Internacional de Organizadores de Festivais de Folclore) para formar parte da programación do festival, xunto con outros grupos procedentes de Chequia, Macedonia do Norte, India, Hawaii (USA) e de diferentes rexións do país organizador, Eslovaquia.

O grupo Castro Floxo actúa así na que é a mostra de folclore internacional máis importante do país centroeuropeo, creada no ano 1953 como escaparate da cultura tradicional e manifestacións folclóricas e que dende o ano 1970 está organizado polo Centro Nacional de Folclore e Educación Permanente, dependente do Ministerio de Cultura de Eslovaquia xunto á Municipalidade de Východná.

O festival recibe a máis 40.000 visitantes que durante os cinco días do festival participan nos espectáculos ofrecidos polos grupos nos dous escenarios existentes, así como nos obradoiros de baile e música tradicional, nas conferencias, exposicións e mostras de vestiario, actividades nas que o grupo representante de Ourense participa difundindo así a cultura tradicional galega e dando a coñecer a nosa provincia. 

Publicacións Relacionadas