O límite é de 200 prazas por rigurosa orde de inscrición e só para persoas empadroadas en Nigrán maiores de 65 anos
O Concello de Nigrán festexará un ano máis o ‘Día dos Avós’ co xa tradicional almorzo popular e baile posterior o sábado 26 de xullo no Restaurante Casas de Redondela. O evento é totalmente gratuíto e está dirixido a persoas empadroadas en Nigrán de máis de 65 anos. O día de inscrición será o martes 8 de xullo de 09:00 a 12:00 horas presencialmente no Salón de Plenos, permitíndose que cada quen anote a un máximo de dúas persoas e distribuíndose as 200 prazas dispoñibles por rigorosa orde.
A xornada comezará cunha sesión de fotos en photocall ás 11:00 horas ante o Concello de Nigrán para despois subir ás 13:00 horas aos autobuses cara ao restaurante Casas, onde o menú consistirá en langostinos cocidos, vieiras, pescada á romana, carrileiras asadas, sobremesa, café, agua e viño. A continuación celebrarase o baile deste evento que festexa a efeméride de San Xaquín e Santa Ana, e todos os asistentes levarán un agasallo. O obxectivo da Concellería de Maiores e que, como cada ano, os participantes vivan unha xornada festiva de confraternidade nun ambiente familiar e distendido.