HomePontevedraBaixo MiñoO Rosal presenta a Feira do Viño máis dinámica, sostible e segura,...

O Rosal presenta a Feira do Viño máis dinámica, sostible e segura, un evento que promete xerar comunidade e combinar tradición, gastronomía e cultura

- Anuncio -spot_img

Do 18 ao 20 de xullo, a Praza do Calvario acollerá este evento que se presenta cun programa espectacular de actividades, co viño como fío condutor. 

O Rosal abriu hoxe as portas á súa XXXIII Feira do Viño, unha das festas máis agardadas e sentidas do verán do Baixo Miño. Dende hai anos, está consolidada como unha celebración que transcende o ámbito vitivinícola e que se converteu nun espazo de participación colectiva que se sente como un símbolo de identidade do municipio.

O Lagar nas Eiras acolleu esta mañá a presentación oficial, onde estiveron presentes a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, o presidente da Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal, Carlos Gómez, o Concelleiro de Turismo, José Carlos Martínez Crespo e o conxunto de adegueiros que conforman as 9 adegas participantes da DO Rías Baixas.

Este acto foi o pistoletazo de saída dunha nova edición que se celebrará do 18 ao 20 de xullo no centro do municipio e que chega cun formato renovado, que buscará converter a experiencia dos visitantes en algo inesquecible. O viño será o fío condutor dunha programación de actividades, que “constitúe a Feira do Viño máis dinámica, con todo tipo de lecer, mesturando tradición, gastronomía e cultura”, como salientou a alcaldesa.

“Nestes últimos anos desde o Concello consolidamos un proxecto de Feira cunha programación de calidade cada vez máis diversa e dirixida a todas as idades que marida á perfección coa calidade do noso viño da man da Asociación de Cabaqueiros do Viño do Rosal. Queremos que este evento sexa un espazo de encontro de amizades e familiar con todo tipo de actividades. Ademais, este ano damos un paso importante no compromiso coa sostibilidade, converténdonos en Festa de interese sostible.  Tamén coa seguridade da Feira, reforzando a liña de autobuses circulares polo Rosal e con toda a Comarca ”, afirmou.

Unha novidade importante é salientar que este evento será tamén unha mostra do compromiso do Concello e da veciñanza rosaleira co respecto pola nosa contorna, acreditando a Feira como Festa de Interese Sostible. Entre outras medidas, poñeranse a disposición dos asistentes vasos reutilizables, con fin de vivir unha festa chea de vida, pero tamén de coidado do noso medio ambiente.

Ademais será unha Feira segura. O Concello reforza o servizo de autobuses dentro do municipio e dende outros puntos da comarca, co fin de evitar os desprazamentos en vehículo propio.

A apertura oficial da feira chegará o 18 de xullo, ás 13:30h, cun acto institucional da man de Ziyang Zhang, asesor vitivinícola da Embaixada de China en España e pregoeiro deste evento. Co seu coñecemento espectacular na materia, guiará aos asistentes nunha cata que tratará de descubrir os aromas e matices dos viños da zona. Unha figura que puxo en valor Carlos Gómez.

“Trátase dun home cunha dilatada experiencia en todo o relacionado co viño. É asesor do sector vitivinícola da embaixada chinesa en España, director da Escola de Cata da Guía Peñín en China, catador e formador. A súa traxectoria internacional avala que estamos ante un pregoeiro á altura do evento que se vai celebrar no Rosal”, declarou.

Dentro do programa haberá outras actividades relacionadas directamente co viño. Terán lugar catas populares comentadas da man da prestixiosa Galicia Wine Academy e poderase descubrir a arte da análise sensorial do viño e os seus compoñentes. Por outra banda, celebraranse visitas guiadas que conectarán directamente co pasado e a historia do Rosal, como á Igrexa de Santa Mariña, na que celebramos 300 anos de existencia da xoia do noso retablo barroco, ou ao Museo do Cabaqueiro, onde se pode respirar o legado dos homes e mulleres que construíron a historia do municipio.

Esta XXXIII edición da Feira do Viño terá tamén un marcado carácter cultural. O Rosal vibrará coa mellor música, con concertos de diferentes estilos, combinados con esas sesións vermús que levan a toda veciñanza á rúa para xerar comunidade. Non se pode esquecer o papel clave da gastronomía, que se verá representada nos días da Feira con espazos onde saborear unha espectacular combinación entre as receitas tradicionais e as propostas máis atrevidas, co fin de poñer en valor a comida local.

Tamén terán o seu lugar máxico os máis pequenos e pequenas. Como o ano pasado, os nenos e nenas poderán desfrutar de espectáculos, obradoiros creativos e mesmo dunha nova edición do escape room. “Segredos entre barricas” permitiranos gozar dunha xincana de probas e retos a resolver en familia e amizades de todas as idades.

O talento e a arte local brillarán tamén coas exposicións de Berto Franco, con debuxos do Rosal en tinta chinesa, e de Ramón González, coas súas maquetas arquitectónicas. Non fallará a tradicional exposición do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal. Nesta ocasión o selo homenaxeará á histórica UD Ribeira polo seu 75 aniversario.

Todas as actividades que requiren inscrición previa, como poderían ser catas, obradoiros ou o escape room, xa teñen o prazo aberto. As prazas son limitadas, polo que compre acceder aos formularios de inscrición dende as redes sociais do concello, da feira, dende páxina web municipal https://qrco.de/bg6GKY

PROGRAMA 18 | 19 | 20 xullo

VENRES 18 de xullo

11.30 h  Cata comentada de viños do Rosal a cargo de Ziyang Zhang (inscrición previa)

13.30 h Inauguración e pregón da feira a cargo de  Ziyang Zhang (director da Guía Peñín en China) e apertura de casetas.

18.30 h Presentación e inicio do escape room Segredos entre barricas

23.30 h Concerto: La Patrulla

02.00 h Peche da feira

SÁBADO 19 de xullo

11.30 h Apertura das casetas

12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)

13.30 h Concerto: Os Bregadiers

19.00 h Espectáculo infantil/familiar: O tranvía Leonardo

20.00 h Pasarrúas: Batucada Lenha Verde

23.30 h Concerto: Meigallo 

02.00 h Peche da feira

DOMINGO 20 de xullo

11.00 h Visita guiada ao retablo da igrexa de Santa Mariña e Museo do Cabaqueiro

11.30 h Apertura das casetas

12.00 h Obradoiro de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (inscrición previa)

12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)

12.30 h Pasarrúas: Grupo de Gaitas Airiños do Folón

13.30 h Concerto: Famous Corner  

18.30 h Espectáculo infantil/familiar: Pepiña Maruxiña quere voar

20.00 h Concerto: Andhrea and the Black Cats

00.00 h Peche da feira

EXPOSICIÓNS

Do 18 ao 20 de xullo:

SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DO ROSAL

De 11.00 a 14.00 h – 18.00 a 22.00 h

  • Exposición Debuxos do Rosal en tinta chinesa, de Berto Franco
  • Exposición  Arquitectura en poliexpan, de Ramón González
  • XXX Mostra Filatélica a cargo do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal

MUSEO DO CABAQUEIRO :

De 11.30 a 14.00 h – 18.00 a 20.00 h

AUTOBUSES

Prezo: 2,5€ para as rutas circulares do Rosal

                   3€ para as circulares polo resto da comarca

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL

San Xian | Portecelo | A Guarda | Pancenteo

Marzán | Novás | Fornelos | O Calvario

CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL

Tui | Goian | Tomiño | As Eiras | Tabagón

San Miguel | Pías | A Cumieira | O Calvario

VENRES 18 de xullo

CIRCULAR SAN XIAN A GUARDA O ROSAL

Saída San Xian – O Rosal

21.00 h | 22.30 h | 0.00 h | 01.30 h

Saída O Rosal – San Xian

21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h

CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL

Saída Tui-Tomiño-O Rosal

20.45 h | 22.15 h | 00.30 h

Saída O Rosal- Tomiño-Tui

21.30 h | 23.45 h | 01.15 h

SÁBADO 19 de xullo

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL

Saída San Xian- O Rosal

19.30 h | 20.15 h | 21.00 h | 21.30 h | 22.30 h | 00.00 h | 01.30 h

Saída O Rosal-San Xian

20.15 h | 21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h | 2.45 h | 03.00 h | 03.15 h

CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL

Saída Tui-Tomiño- O Rosal

18.30 h | 20.45 h | 00.30 h

Saída O Rosal-Tomiño-Tui

20.00 h | 23.45 h | 01.15 h

DOMINGO 20 de xullo

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL

Saída San Xian- O Rosal

19.30 h | 20.30 h | 21.30 h

Saída O Rosal – San Xian

22.15 h | 23.00 h

CIRCULAR TUI-TOMIÑO-O ROSAL

Saída Tui-Tomiño- O Rosal

19.00 h

Saída O Rosal- Tomiño-Tui

22.30 h

ADEGAS PARTICIPANTES

Adegas Valmiñor

Adegas Novás

Altos de Torona

Lagar de Pedregales

Lagar de Fornelos

O Aforado

Quinta de Couselo

Santiago Ruiz

Terras Gauda

Conservas A Rosaleira

Publicacións Relacionadas